Entre os comentarios que recibo polos artigos, de cando en vez chega un eloxio. Iso mesmo foi o que me pasou a semana pasada, cun desenvolvemento semellante a este:
“-Antonio, por que non escribes en castelán, aínda que sexa unha vez nunha lingua, outra noutra? Hai xente da nosa idade que quere lerte pero non se axeita co galego.”
A solución dinlla ó meu interlocutor cun sorriso amable e sen ironía:
“-Non pasa nada. Que falen comigo, que llo traduzo.”
A cousa quedou aí, pero eu quedei matinando. Deixei aparte as dificultades prácticas que puidera levar a miña resposta, e os inconvenientes para min mesmo, e quedeime coa intervención do interlocutor. O caso é que para min, significa que hai xente que quere ler o que escribo (o que tomo como un eloxio), e que hai xente que non está afeita a ler en galego. O primeiro pode ou non sorprenderme, pero é secundario ante o feito de que me guste crelo. O segundo é algo co que convivimos de vello nesta terra nosa.
Coido que non son excluínte, tento comunicarme no que podo, e de feito, como outra xente ‘da miña xeración’ comecei a escribir en galego aínda despois de ter comezado a votar. E gustaríame dominar mellor a miña lingua, e máis linguas para usalas tamén. Pero unha cousa é que tente, primeiro, comunicarme, e outra que non teña elixido, de xeito consciente e hai moito, unha lingua preferente para a comunicación. E calquera que tivera que facer traducións acotío sabe que é traballoso aínda cos tradutores automáticos de hoxe en día. A máis de que publicar de xeito periódico varias versións dun mesmo escrito tampouco é o común por diversas razóns.
Sei que en determinados momentos, coido que en máis dos que sería lóxico nunha situación normal do uso do galego, o seu uso como lingua preferente pode ser un obstáculo. Mais distingamos: o expresarse nunha lingua sempre ten as súas limitacións na comunicación, menores ou meirandes (mesmo excluíndo limitacións artificiais). E sexa o galego, o castelán, o portugués, o inglés ou o chinés, e aínda na era dos tradutores automáticos. Limitacións, máis en xeral non é un impedimento inevitable. E en caso necesario, tento o uso doutra lingua, aínda que a controle abondo peor.
É de comprender, pois somos humanos, que cada quen pretenda facer o menor esforzo posible nas súas actividades, lectura incluída. E que o escribir pretendendo ser lido implique, sempre, facer concesións de xeito consciente ou inconsciente. Pero o mesmo que hai que poñer un límite para evitar o abandono das actividades e o decaemento como persoa, tamén quen escribe é o escritor, e non o lector, e un dos feitos básicos da lectura é a necesidade do lector de facer sempre un esforzo de comprensión…
Non, non vou chamar á nostalxia sentimental no meu apoio. Non é necesario, a máis de consideralo contraproducente. Cada un ten os seus sentimentos e a súa nostalxia, pero hai cousas que poden transcendelos e transcendela.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



