A Mariña, 3 de outubro de 2020. A Mancomunidade fai unha valoración moi positiva do programa A Mariña en Ruta, que se desenvolveu durante os meses de agosto e setembro. 327 persoas gozaron da oferta de rutas ofrecidas e amosáronse partidarios de volver repetir a experiencia e consideran que debería ter continuidade. O ente supramunicipal anunciará ao longo dos vindeiros días o calendario de roteiros programados para este outono.
O pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta, que contaron cunha moi boa acollida. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante este atípico verán 2020 marcado polo Covid19.
Entre as diferentes propostas os participantes nas rutas viaxaron ao pasado a través da xeoloxía entre volcáns no Vicedo, descubriron a incrible natureza da Serra do Xistral, coñeceron o enorme patrimonio cultural de Mondoñedo e Lourenzá, percorreron ecosistemas fluviais, intermareais e costeiros de gran valor ecolóxico e biolóxico, entre outras moitas actividades. Andainas a pé disfrutando ao aire libre e diversificando a oferta do xeodestino en base a aspectos menos coñecidos da comarca en cada un dos municipios que a conforman: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mondoñedo, Alfoz, Valadouro, Ourol, Riotorto, A Pontenova, Trabada e Lourenzá.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña subliñan que “esta iniciativa desenvolvida durante os meses de agosto e setembro contou cunha alta participación, un total de 327 persoas disfrutaron de A Mariña en Ruta, cubríndose o 92% das prazas dispoñibles. Unha demanda que superou as expectativas iniciais e que demostra o gran tirón das propostas de ecoturismo como un enfoque diferenciador de disfrutar das actividades turísticas en contraposición do turismo tradicional ou de masas. Persoas de diferentes procedencias, participaron neste programa que tiña por obxectivo reactivar a actividade turística da comarca despois do duro golpe tralo brote de Covi19 no mes de xullo, puideron descubrir lugares pouco coñecidos pola gran maioría a través dun programa novidoso, diferenciador, diverso, inclusivo e adaptado a todo tipo de público que puxo en valor o patrimonio natural e cultural da Mariña Lucense”. A maioría dos participantes foron da provincia de Lugo, seguidos da Coruña, Madrid, Gipuzkoa, Ourense, Asturias, Araba, Pontevedra e Valladolid. O perfil do público foi variado, con numerosos grupos, familias con nenos, xente que veu en parella ou participantes que veñen sos atraídos pola variada oferta do proxecto.
Diferentes axentes locais e profesionais do sector especialistas en cada área de traballo formaron un equipo de enorme calidade humana, que foi base fundamental da iniciativa. Claudia del Pino, Fran Canosa, Pedro Rolle, Guido Álvarez, Noela Feal e Óscar Chao mostraron os segredos menos coñecidos da comarca. As valoracións dos participantes cara os guías e axentes locais foi excelente, cunha puntuación media de 9.6 sobre 10.
Desde a Mancomunidade indican que “do mesmo xeito, a enquisa de satisfacción realizada polas persoas que participaron en A Mariña en Ruta non deixa lugar a dúbidas: o 100% repetiría a experiencia, o 100% cre que esta iniciativa dinamiza a oferta turística, o 100% cre que debería seguir no tempo e o 100% recomendaría o roteiro realizado. Cunha valoración media da organización de 9.4 e da iniciativa no seu conxunto de 9.7 sobre 10”.
E anuncian que “visto o éxito do proxecto, co obxectivo de traballar na desestacionalización e axudar a dar a coñecer as potencialidades do xeodestino fóra dos meses de verán, dende a Mancomunidade vese oportuno ampliar a oferta de rutas durante o outono, con máis roteiros e novas propostas para incentivar un ecoturismo de calidade na zona e axudar, na medida das posibilidades, a dinamizar a comarca nestes meses difíciles para o sector. O novo programa de rutas de A Mariña en Ruta para este outono farase público próximamente na páxina web do proxecto enruta.amarinalucense.gal e a través das redes sociais de Turismo da Mancomunidade”. Mais info:
@amarinalucense.turismo
@visitamarinalucense
@amarina_turismo























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



