A Mariña 21 de outubro de 2020. Integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña veñen de manter unha reunión cos Comités de Empresa da factoría e empresas auxiliares, na que lle amosaron e tarsladaron de novo todo o seu apoio na loita que veñen mantendo desde hai moitos meses, polo mantemento de preto de mil postos de traballo e pola continuidade da fábrica de aluminio .
O industria do aluminio é unha actividade estratéxica e debe seguir producindo aluminio e alúmina nesta comarca; non se entendería que os gobernos da Xunta e do Estado permitisen que unha multinacional ,que se estivo a beneficiar durante moitos ano de subvencións “ libres de polvo e palla”, sen prácticamente facer investimentos , fixera efectiva unha fuxida previa parada das cubas, deixando na rúa a preto dun milleiro de familias e cun impacto brutal sobre a economía da Mariña.
A Plataforma Sanitaria fai un chamamento para apoiar a manifestación do proximo sábado 24 de outubro en Lugo .
A Plataforma Sanitaria adhírese unha vez máis ás reivindicacións da industria do aluminio da Mariña e fai un chamamento a veciños e veciñas da comarca para que acudan á manifestación que o vindeiro sábado día 24 sairá ás 11 horas do edificio multiusos da Xunta de Galicia , en Lugo, e rematará diante da subdelegación do goberno. O futuro da comarca depende , en gran medida da permanencia desta industria, pois debemos lembrar que representa preto do 30% do PIB da provincia, e xenera milleiros de empregos directos e indirectos na Mariña. Perder esta industria significaría a desertización industrial da comarca, obrigando a gran parte da poboación á emigración.Segundo explica a coordinadora da plataforma sanitaria, Montse Porteiro, “temos que continuar a pelexar man con man pola actividade industrial da Mariña e por una sanidade pública digna e de proximidade, posto que tanto unha como a outra foron os obxectivos dos agravios máis brutais destes últimos anos”. No mesmo sentido manifestouse o portavoz do colectivo sanitario, Víctor Vila, quen engadiu que “A Mariña sálvase loitando e unida, ben sexa na sanidade, na industria o nas reivindicacións sobre infraestruturas”.
Desde a Plataforma sanitaria apelamos á responsabilidade de todas as persoas para respectar e acatar todas as medidas dictadas polas autoridades sanitarias nas reivindicacións.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



