Lugo, 14 de outubro de 2020. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebra este ano 2020 a novena edición da Limpeza Simultánea de Praias, unha actividade de voluntariado ambiental consistente na limpeza colectiva e reivindicativa en varias praias das tres provincias costeiras galegas. Ao tempo que se retiran parte dos residuos presentes nos areais, faise unha chamada de atención sobre a problemática do lixo mariño. A actividade terá lugar o vindeiro sábado, 17 de outubro, á que se sumarán as delegacións de ADEGA en Lugo e na Mariña para coordinar a recollida manual de lixo na praia de Arealonga (concello de Barreiros). Está previsto que as tarefas de limpeza se desenvolvan entre as 11 a 14h.
As persoas que queiran participar, deberán anotarse, chamando ao 982 240 299 / 677 800 293, ou enviando un correo electrónico ao enderezo adegalugo@adega.gal co seu nome completo, documento de identidade e un teléfono de contacto.
O punto de encontro terá lugar ás 11:00h da mañá, na explanada que hai en fronte do restaurante “La Yenka” (Estrada da Praia, 32). Será preciso levar calzado axeitado, preferentemente impermeable, e luvas para unha maior seguridade durante a recollida.
A actividade realizarase seguindo as indicacións do protocolo de actuación editado por ADEGA, para unha axeitada limpeza ecolóxica de praias. Para evitar a propagación da COVID será necesario o uso de mascarilla, e manterase a distancia de seguridade durante a realización da actividade. Coordinaranse grupos reducidos de persoas.
VISIBILIZANDO O LIXO QUE BOTAMOS AO MAR
O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta. Os principais causantes son a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, a mala xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en xeral.
Recordamos que a finalidade desta iniciativa non é deixar a praias sen ningún residuo, senón visibilizar o impacto ambiental que a actual cultura de consumo de “usar e tirar” xera nos nosos areais. Desde ADEGA, queremos salientar con esta actividade que a Educación Ambiental é unha ferramenta moi útil para desenvolver accións de concienciación no medio natural.
A sensibilización do voluntariado é chave para a realización destas xornadas podendo observar de primeira man a cantidade de lixo a agochan a nosas praias.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



