Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2020. A portavoz parlamentar Ana Pontón trasladou o apoio e a solidariedade do BNG aos traballadores e traballadoras de Alcoa e a toda a comarca da Mariña “que están nun momento decisivo”. En San Cibrao, xunto cunha delegación do BNG, insistiu en que a solución para manter o emprego é a intervención pública de Alcoa.
En declaracións aos medios durante a visita, expresou que a multinacional xa demostrou nos últimos tempos que “a súa folla de ruta é moi clara, que o seu plan é pechar esta factoría única e exclusivamente por decisións empresariais”. Así, emprazou o Goberno galego e o Goberno español a estar á altura, “porque teñen na súa man manter o emprego e a actividade”.
“A solución é moi clara, como defendeu o BNG nos últimos meses: unha intervención pública, unha nacionalización, que garanta que as cubas non pechan e que a comarca vai seguir tendo futuro”, afirmou Ana Pontón.
Sánchez e Feijóo que deixen de esconderse: é o momento dos feitos
Así, reclamoulle a Sánchez e a Feijóo “que deixen de esconderse e dean a cara, que se poñan á altura do que demanda esta comarca que é a nacionalización de Alcoa”. Segundo explicou, os gobernos están parados desde hai unha semana despois de que a multinacional detivo a oferta de compra. Para o BNG, está claro que Alcoa está nunha posición onde quere consumar o seu propósito de paralizar esta planta, cando o que lle interesa aos galegos e galegas é seguir a producir e manter a industria, porque isto é vital nunha comarca como a da Mariña, sinalou.
Así, anunciou que este mércores o BNG vai formularlle unha pregunta ao presidente da Xunta no Pleno do Parlamento “para reclamarlle un compromiso, porque xa non é o momento das palabras; é o momento dos feitos”, afirmou. “Ese compromiso debe ser a nacionalización de Alcoa para garantir o emprego e o futuro”, engadiu.
“Desde o BNG imos facer toda a presión institucional necesaria para que isto sexa así porque é evidente que non se pode permitir que os gobernos non actúen coa contundencia que esixe un momento crítico coma este, pois son máis de 1.000 empregos directos e o futuro dunha comarca, nun momento de crise derivado da covid onde non se pode permitir que peche a industria que temos no país, porque sen industria non hai futuro”, concluíu.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



