Burela, 10 de outubro, 2020. O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde o seu pase á final da XIV Copa Galicia con vitoria sobre o Viaxes Amarelle FSF (2-1); na gran cita veranse as caras con Poio ou Ourense, aínda pendente do desenlace do segundo partido. As Guerreiras Laranxas, que partían coa clara vantaxe do 1-10 da ida, dispuxeron de todo o peso do partido, con posesión, dominio e ocasións, pero faltoulles concentración e finalización ante un rival que se aplicou en defensa os corenta minutos. A escuadra visitante aproveitou o único perigo da primeira parte para tomar vantaxe. Repetindo monólogo laranxa, as mariñás puideron dar a volta antes do ecuador da segunda parte con dous tantos.
Yaiza adiantou as herculinas superado a mediania da primeira parte en dous segundos, nun pase longo ao que non repregou a defensa laranxa e sentenciado cun balón raso. Antes as de Amarelle tan só dispuxeran dunha leve ocasión no 8, cunha tentativa de pase de Patri Corral que se esvaeu nos últimos metros. As de Julio Delgado, no entanto, avisaran e moito sobre Leti Rojo, con ata tres paus. Todo o peso da cita seguiu sendo das de Julio Delgado pero non conseguían a recompensa merecida.
Ante un Amarelle que non tivo presenza en ataque o Pescados Rubén armouse de paciencia no reinicio. Cristina, no 27, materializou a igualada máis que merecida; antes Bea Mateos, a propia Cristina e Cami xa avisaran con moito perigo. No 30 Dany, por fin, puxo por diante as da Mariña, sen cesar non seu asedio sobre a rede coruñesa aínda que hoxe non era o día das burelistas en afinación.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara Balseiro, M. Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Cami, Bea Mateos, Cristina, Elena Aragón, Jenny, Sandra Buzón
Viaxes Amarelle FSF: Leti Rojo, Candela, Cris Lourés, Yaiza, Martita, cinco inicial; tamén xogaron Patri Corral, María Gómez, Laura Doce, Sofía
Goles: 0-1, minuto 11, Yaiza; 1-1, minuto 27, Cristina; 2-1, minuto 30, Dany
Árbitros: Salinas García // Vieito Regueira. Por Burela amarela para Lara Balseiro (minuto 32)
Incidencias: Partido correspondente á volta de semifinais de XIV Copa Galicia disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
