Ribadeo, 9 de outubro de 2020. Este domingo, 11 de outubro, conclúe a décimo novena edición do Mercado dos Domingos, que se veu celebrando desde o pasado 5 de xullo na contorna da praza de abastos. A xornada estará amenizada a partir das doce do mediodía por Souto Xímaro, de Mondoñedo.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, indica que “este ano, debido á pandemia da Covid-19, non celebraremos a tradicional Feira da Horta, que era o colofón ao Mercado dos Domingos. Contaremos con animación musical desde media mañá”.
O Mercado dos Domingos ten lugar de 9 a 14 horas e está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira. Con el búscase promocionar o consumo de local e de proximidade e apoiar a creación de canles de comercialización máis curtas coa clientela e axudar a unha mellora da sostibilidade e da economía local.
O edil nacionalista subliña que “no Concello de Ribadeo leva anos apostando por este mercado que sempre é beneficioso para a economía local, para os pequenxs produtorxs da zona e tamén para nós mesmos. O Mercado dos Domingos foi durante todo este tempo un mercado seguro, que contou con todas as medidas que se veñen aplicando para garantir a seguridade alimentaria, das persoas vendedoras e tamén dos compradores e visitantes”.
Pablo Vizoso fai un balance positivo da décimo novena edición do Mercado dos Domingos: “a cita contribuíu á darlles máis vida, máis ambiente, ás mañás dos domingos en Ribadeo. Moitas son as persoas que ano tras ano acoden nesas xornadas a mercar froitas, verduras, embutidos, produtos artesáns, etc… e aproveitan para pasear por Ribadeo, para mercar tamén no seu comercio, e para tomar algo nos nosos bares e restaurantes. Quero agradecerlles a participacións aos vendedores e vendedoras que estiveron no Mercado dos Domingos e aos clientes pola súa fidelidade”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



