Ribadeo, 30 de outubro de 2020. O Concello de Ribadeo ven de asinar un contrato para a recollida selectiva coa empresa Ascan Servicios Urbanos. A duración será de tres anos, con posible prórroga dun ano máis, e un custe anual de 83.000 euros. A sinatura deste contrato chega con novidades como a instalación de puntos limpos de proximidade, que xa están situados no parque e na avenida Rosalía de Castro, nos que se poderán depositar pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, aceites, lámpadas fluorescentes ou cápsulas de café. Deste xeito evitaranse desprazamentos ao punto limpo de Ove.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, contou que “Ribadeo ten dúas liñas de recollida de residuos domésticos. A principal é a do contedor verde, que é desempeñada con medios propios e con persoal municipal. Pero tamén no tocante a recollidas selectivas, as dos contedores amarelo e azul, a recollida do cartón porta a porta, a xestión do punto limpo e a recollida de plásticos agrícolas, facémolo a través dun contrato de servizos. Por isto mesmo, despois dun longo e complexo proceso de licitación, vimos de asinar un novo contrato para esta recollida selectiva e escollemos para iso a oferta máis vantaxosa, que recaeu na empresa Ascan Servicios Urbanos. Este contrato será por tres anualidades, cunha posible prórroga dun ano máis e por un importe económico de 83.000 euros ao ano”.
O rexedor subliñou que “ademais de garantir todas as frecuencias da recollida, tanto na vila como nas parroquias, tamén instalamos agora dous puntos limpos de proximidade en sitios céntricos, como é entre os dous parques e ao comezo da avenida Rosalía de Castro, que evitarán o desprazamento ao punto limpo que o Concello ten no Valín, na parroquia de Ove. Así nestes contedores selectivos poderanse depositar certos materiais que non se deben tirar en ningún dos outros contedores como pilas, cds, lámpadas fluorescentes, aceites e, incluso como novidade, cápsulas de café. Tamén supón outra innovación poder depositar nestes contedores selectivos pequenos aparellos eléctricos ou electrónicos como un secador, unha tostadora, un móbil, un cargador, un rato de tablets, etc…”.
Suárez Barcia dixo que “co afán de que todos e todas vaiamos facendo de Ribadeo un lugar comprometido co medio ambiente, animamos á poboación a que vaia facendo uso destes novos contedores selectivos”.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



