Ribadeo, 5 de outubro de 2020. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pide á Xunta información sistemática e obxectiva dos casos de coronavirus que teñan os concellos en cada momento para poder actuar con maior dilixencia e eficacia. Ao rexedor parécelle desalentador ter que coñecer pola prensa cantos positivos hai nun concello, como ocorreu esta pasada fin de semana. Agora mesmo en Ribadeo só hai 2 positivos, segundo os datos facilitados polos responsables do Hospital da Costa a Fernando Suárez, esta mañá.
O rexedor declarou que “nesta fin de semana houbo varias informacións relativas aos casos de coronavirus activos na Mariña, e concretamente algunhas informacións de medios de comunicación dicían que Ribadeo, xunto con Burela, éramos os concellos onde máis incidencia había deste mal”.
O alcalde ribadense dixo que “aínda onte, domingo, se falaba de que Ribadeo podía ter unha cifra de entre 5 e 10 afectados, e de todo isto desde o Concello de Ribadeo non tivemos a máis mínima información fidedigna sobre o número de casos. A min paréceme polo tanto moi desalentador para un Concello ter que enterarse pola prensa de cantos positivos hai nos nosos concellos”.
Suárez Barcia contou que “agora, pola mañá, acabo de falar con responsables do Hospital da Costa para preguntar polo número de positivos que temos no noso concello e sorpréndome gratamente da resposta porque, segundo estes responsables, o número hoxe é de tan só 2, é dicir nin 5, nin 10, nin nada do que se publicou anteriormente”.
O rexedor considera que “á vista de todo isto, penso humildemente que a situación sociosanitaria de toda a cidadanía merece e merecemos que as diferentes administracións estean coordinadas, e para iso temos que ter información fiable, sen intermediarios, polo que a Xunta non debera deixar de facer, o que fixo no verán, cando nos mandaba aos alcaldes e ás alcaldesas a información sistemática e obxectiva dos casos que tíñamos en cada concello, porque así os gobernos municipais podemos actuar con maior dilixencia e con maior eficacia. Ao mesmo tempo non se xeran alarmas e se realmente a situación é grave tamén a cidadanía ten dereito a sabelo”.
Fernando Suárez engadiu: “coido polo tanto que non hai tempo mellor ca este para poder actuar coordinados, aínda que para actuar coordinados quen ten a información, e isto é a Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade, ten que dala axeitadamente”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



