Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020. A deputada Olalla Rodil formulou unha interpelación no Pleno do Parlamento para saber se a Xunta de Galiza está a actuar de oficio para investigar o que aconteceu nas residencias de maiores, especialmente nas privadas que concentran o maior número de contaxios e falecementos, co obxectivo de incidir na prevención para impedir que se volvan repetir os mesmos erros tanto na xestión da covid-19 como na vulneración dos dereitos das traballadoras e residentes destes centros. “Pídolles que non se parapeten detrás dos traballadores e traballadoras, pois non son escudos humanos”, afirmou, “precisan recursos para desenvolveren o seu labor”.
Lembrou que, no primeiro Pleno desta lexislatura, o BNG impulsou a creación dunha comisión de investigación sobre a xestión da pandemia nas residencias “coa vontade clara e sincera de analizar e avaliar todo o acontecido co obxectivo de corrixir erros e camiñar cara a un novo modelo de residencias”. Esa proposta, que partía tamén da demanda das familias de usuarias e residentes, saldouse co veto do PP a esa comisión de investigación.
Olalla Rodil destacou os datos de que as residencias foron “o principal foco de contaxio durante os primeiros meses da pandemia”, pois case a metade das persoas falecidas eran usuarias de residencias de maiores. Unha porcentaxe practicamente idéntica (41%) nesta segunda vaga, pois entre o 7 de agosto e até o 1 de outubro faleceron con covid 52 persoas das 127 totais. A práctica totalidade deses falecementos foron nas residencias privadas que xestionan o 80% das prazas existentes en Galiza, segundo explicou.
Deste xeito reclamou un proceso de investigación de oficio que lle corresponde á Xunta de Galiza. “O Partido Popular vetou que o Parlamento investigase o acontecido nas residencias mais o Executivo ten a capacidade, o poder e a responsabilidade de investigar que aconteceu en Celanova, en San Lázaro, no Barco, en Aldán, en Barreiro no Incio ou en Outeiro de Rei durante estes meses”, sinalou.
Preguntou tamén polo expediente informativo que a Xunta anunciou no mes de abril á DomusVI sobre o acontecido nas residencias que xestiona e das que é titular, posto que transcorreron 6 meses e non se fixo público.
Ademais, Olalla Rodil destacou a denuncia das traballadoras de DomusVI San Lázaro e Ribadumia diante da Inspección; as mobilizacións do persoal das residencias de DomusVI de Vigo, Aldán, Barreiro e Ribadumia en xuño de 2019; e as referencias no Consello de Contas de 2018 polo incumprimento das ratios de persoal de atención directa. Relatou, así, as consecuencias da falta de persoal, a sobrecarga de traballo e as deficiencias nos protocolos de funcionamento.
“Non é admisíbel que nun só día saibamos de 139 persoas contaxiadas nunha residencia como aconteceu en Outeiro de Rei, que supoñen máis do 85% das persoas usuarias, ou que na residencia Ballesol de Oleiros de 24 prazas, haxa 21 usuarias contaxiadas”, advertiu.
“Desde o BNG temos solicitado desde o inicio da lexislatura que se nos remita a relación do número de inspeccións realizadas pola Xunta de Galiza nas residencias de maiores durante os últimos cinco anos, o resultado das mesmas e os expedientes sancionadores que se teñan iniciado, de ser o caso”, explicou. “Porque a covid-19 fixo visíbel o invisíbel; puxo en evidencia as costuras do modelo de residencias deste país e, en xeral, de todo o sistema de coidados”, sinalou Olalla Rodil.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



