Será cun dron con tecnoloxía de voo autónomo desenvolvida polo centro tecnolóxico. O simulacro realizarase en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias ( Axega). No acto (12:30h) participarán José Antonio Argibay, técnico de Operacións e Loxística da Axega; e Analía López, directora da división de Sensórica e Sistemas Aéreos Non Tripulados de ITG.
