Ribadeo, 15 de outubro de 2020. Educando en Familia comezou este novo curso en Ribadeo con cambios significativos e coa asistencia de 15 a 20 nenxs.
A concelleira de Educación, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “co comezo do curso escolar iniciou a súa andaina este luns o programa Educando en Familia . É un programa dirixido ás familias con fillos menores de seis anos, con especial atención ás que se encontren en risco de exclusión social, así como familias monoparentais”.
A edil ribadense indicou que “este programa ten como finalidade promover a participación corresponsable de nais e pais para afortalar as súas capacidades nos procesos de apoio ás súas fillas e fillos e un desenvolvemento integral. No Concello de Ribadeo o programa conta co apoio da Área de Educación. Asínase todos os anos un acordo de colaboración coa asociación Educando en Familia por medio do cal reciben unha subvención nominativa da Concellería de Educación”.
Álvarez Lastra contou que “este ano ademais cambia de ubicación desenvolvéndose as sesións dirixidas ás familias do concello de Ribadeo na Escola de Música en horario de 10.30 a 12.00 horas todos os luns. E coa novidade de que este ano as sesións só están dirixidas ás nais e pais, persoas adultas coidadoras de menores de 6 anos por mor da COVID”.
A concelleira de Educación engadiu que “ao longo do curso desenvolverán xuntanzas e obradoiros con temáticas sobre a familia e a escola, entre a disciplina e a tolerancia, estilos e pautas educativas, acoso escolar… entre outras. Ademais destas xuntanzas realizarán actividades lúdicas coma contacontos, teatro de títeres, participarán en programas de radio, colaborarán con diferentes institucións… dentro da programación de actividades que teñen preparadas semanalmente”.
A información deste programa pódese visualizar en:
http://blogue.educandoenfamilia.org
Mariluz Álvarez lembra que “está aberto o prazo para solicitar ás axudas económicas á conciliación para as familias para a asistencia ás ludotecas e ao programa Bós días das ANPA do Colexio Público Gregorio Sanz”.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



