Cervo, 31 de agosto, 2026. O programa municipal Cervo Concilia puxo fin ás clases de inglés impartidas ao longo deste verán, unha iniciativa coa que o Concello de Cervo buscou ampliar e diversificar as actividades dirixidas ás nenas e nenos durante o período estival.
A proposta realizouse en colaboración coa English School, incorporando por primeira vez ao programa actividades específicas para achegar o inglés aos máis pequenos dun xeito dinámico, participativo e adaptado ás súas idades.
Visita da alcaldesa
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañou aos participantes no seu último día de clase para coñecer de primeira man o desenvolvemento da actividade. Durante a visita, destacou o bo ambiente das sesións e o interese mostrado polos nenos e nenas: “Foi moi bonito velos tan concentrados, participando e desfrutando dunha actividade que, ademais de entretelos durante o verán, lles permite achegarse a un idioma tan importante como o inglés”.
Un programa para facilitar a conciliación
Desde o Concello lembran que Cervo Concilia naceu coa finalidade de facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares, ofrecendo ao mesmo tempo propostas educativas, culturais, deportivas e de lecer para os máis pequenos.
A rexedora quixo agradecer especialmente o traballo das profesoras Laura e Carmela, responsables de acompañar aos nenos e nenas durante estas semanas: “Queremos agradecerlles a Laura e Carmela a súa implicación, dedicación e cariño. A súa maneira de traballar fixo que os nenos e nenas se achegasen ao inglés dun xeito ameno e motivador”.
Balance e perspectivas
O Concello fai unha valoración moi positiva desta experiencia e aposta por seguir incorporando novas propostas ao programa Cervo Concilia, co obxectivo de que cada verán as familias dispoñan de alternativas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral, ao tempo que os nenos e nenas desfrutan, aprenden e comparten experiencias durante as vacacións.





















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



