No encontro, con motivo da marcha de Varela Agrelo da Audiencia de Lugo para a súa incorporación ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Tomé transmitiulle o seu agradecemento, en nome da institución que dirixe, pola vontade de colaboración e compromiso coa provincia que existiu entre ambas institucións ao longo dos case dez anos que estivo á fronte da Audiencia Provincial. O mandatario provincial, que estivo acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, agasallouno cunha peza de cerámica de Gundivós e cunha selección de produtos de proximidade da provincia durante a reunión para que “teña sempre un recordo da provincia e da súa veciñanza”, subliñou o Presidente.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



