Burela, 31 de outubro, 2020. O Pescados Rubén Burela encadea a súa terceira xornada consecutiva sen coñecer a derrota. Vista Alegre e o xogo de cinco laranxa arrincaron 1 punto esta tarde a Industrias Santa Coloma (3-3) cunha recta final de infarto. Os galegos tiveron que remar contra un 0-2 ao descanso; cando parecía que se volvían meter no partido con Matamoros, roldando o ecuador do segundo acto, os visitantes volveron poñer terra por medio. O porteiro-xogador deulles o empate no último minuto e medio con Álex Diz e Quintela.
Arrincaron os do Mariskal con presión alta pero hoxe atoparon máis problemas nas súas incursións; quizais lles faltou algo de frescura ante un rival máis vivo. Edu freou coa cara a chegada de Uri Santos xa aos 45 segundos. Os de Santa Coloma conseguiron adiantarse, fugaces, co ex dos laranxas Bruno Petry, asistido por Sepe, cun lixeiro toque ante a saída de Edu. O remate de Matamoros nun saque rápido de Pazos, no 6, puido ser a inauguración burelista, pero tocou o xusto Borja para evitalo. Con máis perigo para os visitantes, David Álvarez ampliou a vantaxe no minuto 7, gañando a partida ante a defensa laranxa e cunha traxectoria que non esperaba o de Narón. Edu, con apoio de Renato, mantivo o marcador sen alterarse fronte a Petry e Corso. Co paso dos minutos, os de Juanma Marrube gañaron nos metros finais. A estrea mariñá puido chegar no 18 cun pase de Iago Míguez ao que non chegou por moi pouco Pitero fronte á rede colomense. Nunha boa transición Matamoros tentouno por partida dobre, con 52 para a bucina do descanso, fronte a un Borja Porta ben plantado.
Saíron a por todas os galegos, con máis autodeterminación. Lucho e Quintela protagonizaron o perigo nos primeiros compases tras o regreso de vestiarios. Corso, no 23, non puido fronte a Edu. Tras a retirada de David Pazos da pista, cunha dor fortísimo no nocello dereito, tentouno Renato cun mísil de estratexia iniciada por Matamoros, pero non puido sentenciala Javi Rodríguez, pegado ao pau. Borja sacou un pé moi oportuno nun gran xiro de Matamoros antes do ecuador, pero nada puido facer segundos despois ante a maxia do 10 ‘ laranxa’ en estratexia, desde saque de esquina de Álex Diz. Estaba ben o Pescados Rubén, pero nun minuto escaso, Industrias Santa Coloma anotou o 1-3, con Uri Santos na caza do rexeite ante a man prodixiosa de Edu fronte a Corso. Con catro e medio para o final, Matamoros saltou con xogo de cinco. Reduciron os do Mariskal #ante a férrea defensa visitante cun disparo baixo de Álex Diz a falta de 1’26” e Quintela selou a igualada a falta de 47 segundos.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Pitero,Javi Rodríguez, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Álex Diz, Lucho, David Pazos, Quintela, Giasson, Eto’o
Industrias Santa Coloma FS: Borja Porta, Sepe, Llamas, Corso, Bruno Petry, cinco inicial; tamén xogaron Uri Santos, David Álvarez, A. Cardona, Khalid
Goles: 0-1, minuto 3, Petry; 0-2, minuto 7, David Álvarez; 1-2, minuto 30, Matamoros; 1-3, minuto 31, Uri Santos; 2-3, minuto 39, Álex Diz; 3-3, minuto 40, Quintela
Árbitros: Felipe Madorrán // Urdánoz Apezteguía. Por Burela amarela a Matamoros (minuto 26). Por Santa Coloma amarela a Uri Santos (minuto 24)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Primeira División Masculina disputado en Vista Alegre, a porta pechada.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
