Compostela, 26 de novembro de 2020. Membros dos colectivos que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza pedíronlle á Xunta que se sente a dialogar coa comunidade educativa, nunha rolda conxunta diante da Consellería de Educación. “Insistiremos todo o que faga falta e esgotaremos todas a vías ata conseguir que falen con nós”, aseguran.
A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), a Confederación de Anpas Galegas, a Confederación Intersindical Galega – ensino (CIG Ensino), a Confederación Sindical Independente de Funcionarios- Ensino (CSIF- Ensino) e o Sindicato de Traballadores/as do Ensino de Galiza (STEG) elaboraron esta proposta conxunta para dar solución ás necesidades detectadas polo Consello de Europa, que a finais de 2019 aseguraba que se deben “eliminar as limitacións ao ensino en galego en Galiza”.
Solicitaronlle ao Conselleiro de Educación que se reunise con representantes destas organizacións, para poder presentarlle a proposta, pero non obtiveron ningunha resposta. “A única resposta á nosa solicitude de diálogo foron as declaracións do Conselleiro e do Presidente baseadas na mentira e na manipulación contra o recoñecemento mínimo á existencia dunha realidade plurllingüe no Estado”, denunciou esta mañá o presidente da Mesa, Marcos Maceira. “Respecto ao Decreto”, engadiu, “aínda se atreveron a sinalar este domingo que non é o mellor mais si o máis consensuado. A nosa presenza aquí demostra a falsidade”.
As entidades que elaboraron esta proposta representan a maioría do profesorado, Anpas e movementos de renovación pedagóxica e denuncian que ante a súa oferta de diálogo non recibiron da Xunta máis que silencio. Insisten ten que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar con eles para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa. “Pensa a Xunta atender as indicación do Consello de Europa que leva sinalando o mesmo 10 anos e en cada resolución con máis intensidade?”, preguntábase Maceira esta mañá. “Pensa facer algo en relación ao informe da ONU no mesmo sentido?”, engadía, “Pensa a Xunta cumprir coa súa obriga de garantir o coñecemento de galego que todos os estudos sinalan que non se consegue?”. “A única lingua oficial cuxo coñecemento non se garante ao rematar cada unha das etapas educativas é a galega”, recorda.
“No confinamento agraváronse as dificuldades de uso do galego por dúas vías: a escaseza de materiais didácticos e o dominio de TVE nas aulas televisadas baseadas no curriculum”, recordou Maceira esta mañá, “onde estivo o presidente da Xunta entón?”. “Feixoo non está posto polas galegas e galegos para renegar da condición de galego e de presidente da Xunta á mínima oportunidade”, criticou, “senón para asumir a súa responsabilidade”.
A Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza foi elaborada conxuntamente por A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), Confederación de Anpas Galegas, Confederación Intersindical Galega – ensino (CIG Ensino), Confederación Sindical Independente de Funcionarios- Ensino (CSIF- Ensino) e Sindicato de Traballadores/as do Ensino de Galiza (STEG).



















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



