Lugo, 13 de novembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu conta este venres dos asuntos aprobamos na Xunta de Goberno onde saíron adiante actuacións que suman un investimento de case 800.000€ para avanzar na mellora da rede de estradas provinciais. Tomé Roca explicou que “seguimos adoptando acordos importantes para favorecer o equilibrio territorial e a mellora de calidade dos veciños e veciñas”.
O mandatario provincial e responsable directo da área de Xestión Territorial anunciou a licitación dos traballos de mellora da vía provincial que une Pedrafita do Cebreiro con Seoane do Courel, a LU-P-1301. Ten un orzamento de 310.000€e contempla a ampliación da estrada, dos actuais 4 metros, ata os 6 metros de ancho, ademais da drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución é de 12 meses. “Coa licitación destas obras cumprimos co que eu mesmo anunciei no último Pleno, hai pouco máis de dúas semanas, cando adiantei que o proxecto para esta importante obra xa estaba feito e que ía saír axiña a contratación”. Tomé Roca lembrou o seu compromiso como Presidente de arranxar os 6 quilómetros desta estrada neste mandato en tres anualidades. “Este é o primeiro tramo e neste mandato arranxaremos os outros dous”, subliñou.
O Presidente indicou, ademais, que para que a comunicación entre estes concellos quede rematada e acondicionada, faltaría arranxar a estrada de titularidade autonómica que conecta Folgoso do Courel con Seoane do Courel. Tomé Roca solicítalle á Xunta de Galicia “que se fixe no que fai a Deputación de Lugo e arranxe esta estrada que non só serve para a mobilidade da veciñanza, senón que tamén é unha das porta de entrada á Ribeira Sacra, polo que non pode estar nas condicións nas que se atopa agora mesmo, pois semella do século XIX”, subliñou. Así mesmo, engadiu que con respecto a esta vía autonómica, “a Xunta tena esquecida, non fixo nada nos últimos 11 anos”.
Outro dos acordos en materia de estradas que contou co visto bo da Xunta de Goberno deste venres é a adxudicación das obras de mellora da LU-P-2901, en Lugo. É a estrada que vai dende o Burgo ata Palas de Rei e onde se van investir 85.000€ para mellorar o firme nun tramo de máis de 2 quilómetros, que dá continuidade aos 3,3 que se arranxaron recentemente. Trátase dunhas actuacións que beneficiarán de xeito directo aos centos de veciños das parroquias de Xanaz, Castrelo, A Retorta, Poutomillos, Bacurín, San Pedro de Mera e Vilachá de Mera. O prazo de execución é de 9 meses.
En Cervantes, tamén quedou aprobado o Plan de Seguridade e Saúde no traballo das obras de rehabilitación do firme da estrada provincial LU-P-1408. Este é o último trámite administrativo para que poidan comezar os traballos, que teñen un orzamento de 37.700€ e que afectan a 1 quilómetro desta vía, que comunica os núcleos de Fonquente e de Noceda.
97 novas marquesiñas
A Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación do programa de dotación de 97 marquesiñas na rede viaria provincial para este ano 2020. Destínanse 325.400€ na instalación destas estruturas en estradas provinciais dos 67 concellos da provincia. Co fin de garantir unha adecuada integración no entorno, e tendo en conta as características das marquesiñas instaladas en anos anteriores, serán de madeira maciza tratada en autoclave. Contarán cun banco e serán pechadas polos laterais con cristal para que permitan a visión e, á vez, protexan ante as incidencias meteorolóxicas.
“Cada concello terá un mínimo dunha marquesiña e as restantes repártense en función de criterios obxectivos, como o número de quilómetros de vías provinciais que pasan por cada municipio.
A Deputación de Lugo comezou no ano 2011 a renovar as marquesiñas das estradas provinciais para substituír as existentes, que tiñan máis de 20 anos. Dende ese momento, instaláronse 332 novas marquesiñas en toda a rede provincial a través deste plan, que se desenvolve a institución provincial en cooperación cos concellos.
Peche do campo de fútbol de Lourenzá
A Xunta de Goberno deulle o visto bo a unha solicitude do Concello de Lourenzá para investir 53.600€ dos remanentes dun convenio de colaboración que tiña como finalidade o acondicionamento dun campo de fútbol de adestramento na localidade. Con esta cantidade, o Concello mellorará os accesos e pechará estas instalacións.
Solicitude dos hortos do Rato
Aprobada a autorización de usos dos 150 hortos urbanos do parque do Rato, o que significa que vai comezar a súa adxudicación nos vindeiros días. Nesta primeira fase poderán optar aquelas persoas ou entidades que xa foran usuarias dalgún horto urbano con anterioridade e poderán desfrutalas por un prazo de dous anos.
O prazo para que estas persoas fagan a súa solicitude comezará a contar a partir de que as bases se publiquen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a semana que vén. Haberá 10 días para que presenten a documentación correspondente. A asignación dos hortos celebrarse o día 14 de decembro mediante un sorteo no Pazo de San Marcos.
Os hortos que queden libres nesta primeira fase de adxudicación poñeranse a disposición de todas aquelas persoas que nunca tiveran un horto e que queiran optar a un.
Póliza de seguros de accidentes
Visto bo para a licitación do contrato dunha póliza de seguros de accidentes por 105.000€ para dous anos. O obxectivo é dar asistencia a todas as persoas que participen nas actividades e cursos organizados pola Deputación de Lugo e tamén para dar cobertura aos usuarios e usuarias dos Centros de Atención a Maiores.
Outro dos contratos adxudicados foi o relativa aos servizos de comunicación da institución provincial por un importe de 930.000€ a Telefónica. A través deste contrato mantense a de rede de conexión, tanto telefónica como de Internet, de todas as dependencias da Deputación.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



