A Mariña, 24 de novembro, 2020. Con motivo da conmemoración, o vindeiro 25 de novembro, do Día Internacional contra a violencia contra as mulleres, a Secretaría das Mulleres da CIG ven de convocar concentracións de delegadas e delegados da CIG:
O obxecto destas mobilizacións que se celebrarán simultaneamente en once localidades galegas é denunciar que pese a que pandemia puxo de manifesto que as tarefas de coidados son traballos esenciais para sociedade, non foron nin están a ser obxecto dunha protección especial durante a crise sanitaria, non se puxeron en marcha políticas públicas para reforzar e revalorizar as profesións relacionadas cos coidados, nin se lexislou para garantir os dereitos de coidados das persoas, porque foi o capital quen xestionou a crise sanitaria e quen ditou a resposta a esta. Desde a CIG esiximos que é preciso que se lle dean ás tarefas de coidados o valor real que teñen como traballos esenciais para a sociedade. Porque como versa o lema da campaña da nosa central sindical: Descoidar a quen coida é violencia machista.
Ditas concentracións terán lugar adoptando as correspondentes medidas de distanciamento e seguridade conforme ás medidas de prevención instauradas ante a evolución da pandemia.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



