Lugo, 26 de novembro de 2020. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destina 457.000 euros a mellorar a xestión de residuos en 19 municipios lucenses, mediante achegas destinadas á habilitación de puntos limpos móbiles ou espazos de autorreparación, o fomento da compostaxe e a implantación da recollida separada da fracción orgánica.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que con este programa a Xunta favorece a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos, co fin de avanzar no reto da sostibilidade ambiental.
Do montante total, 212.475 euros serán investidos en accións que posibiliten a compostaxe in situ dos biorresiduos, ben en proxectos domésticos nas vivendas que dispoñan de terreo para elo, ou ben en zonas postas a disposición polas entidades locais para o tratamento comunitario dos biorresiduos. Esta foi a medida máis demandada, que porán en marcha en concreto once concellos: A Pobra de Brollón, Friol, Foz, Viveiro, os de Guitiriz e Xermade en común, e tamén de forma conxunta os de Riotorto, A Pastoriza, Pol, Meira e Ribeira de Piquín.
Outros 168.500 euros servirán para habilitar puntos limpos móbiles nos municipios do Incio, O Vicedo, Sober, Ribas de Sil e Castro de Rei. Pode tratarse de remolques e contedores metálicos, camión con caixa e chasis, furgoneta adaptada e modelos similares, e deberán ter diferentes compartimentos para a recollida de residuos como aceites vexetais usados, téxtiles, restos voluminosos ou medicamentos, entre outros.
Reparar e intercambiar
Os concellos de Vilalba e Outeiro de Rei obteñen en total 59.600 euros para poñer a disposición da cidadanía espazos municipais de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes, …), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos.
Dentro destes espazos públicos pódense diferenciar tres tipos de actividades: autorreparación (nas especialidades que dispoña o servizo: electricidade, carpintaría, téxtil…), intercambio de obxectos e sensibilización ambiental. As axudas da Xunta están orientadas a financiar os custos de adecuación e equipamento dos locais.
Por último, o concello de Cospeito obtivo unha achega de 16.500 euros para a implantación da recollida separada da fracción orgánica. Esta acción pode involucrar aos fogares, comunidades de propietarios ou grandes produtores (como supermercados ou servizos de hostalería) e incluír iniciativas como a instalación de contedores para este tipo de residuos -de cor marrón-, distribución de elementos como caldeiros ou bolsas compostables, ou vehículos para a recollida separada destes elementos.
A situación extraordinaria provocada pola pandemia levou á Consellería a ampliar o prazo de execución e de xustificación das axudas ata o 30 de decembro, polo que moitos concellos están traballando neste último tramo do ano na incorporación destas medidas.



















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



