Ribadeo, 20 de novembro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, sinala ao goberno local como responsable de que o ascensor do colexio público ribadense leve tres meses sen funcionar “cando hai alumnos que o precisan”.
Vega explica que “ante unha necesidade que presenta a comunidade educativa de Ribadeo, a Xunta responde executando a instalación do ascensor no centro atendendo á normativa de accesibilidade estatal e autonómica e investindo 40.000 euros nas obras que están rematadas dende fai tres meses”. Pola contra, “o goberno local do BNG pon atrancos para a súa posta en funcionamento”. Dende o goberno local néganse a dar de alta a instalación en Industria a nome do Concello que é o seu titular, segundo a normativa vixente; e, pola contra, pídenlle á consellería de Educación dala de alta ao seu nome”.
O popular aclara que “o titular do edificio no Catastro é o Concello”. O edificio non é da Xunta porque “non consta no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia”.
Así llo vén de trasladar a consellería de Cultura, Educación e Universidade ao alcalde apuntando que “a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación determina na disposición adicional décimo quinta, apartado 2, que a conservación, o mantemento e a vixilancia dos edificios destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial corresponden ao municipio”. E, de igual xeito, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local tamén recolle no seu artigo 25.2 estas, entre outras, como competencias propias das administracións locais para estes edificios de titularidade local”.
Así mesmo, o artigo 5.1 do Real Decreto 88/2013, de 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución Técnica Complementaria AEM 1 “Ascensores” do Regulamento de aparatos de elevación e manutención, aprobado polo Real Decreto 2291/1985, de 8 de novembro establece que “o responsable de manter o ascensor en bo estado de funcionamento é o seu titular, é dicir, o seu propietario”, conclúe Vega.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



