Ribadeo, 20 de novembro de 2020. Apaga continúa coas súas actividades formativas e este sábado finalizará a visita de dous profesores croatas que, desde o pasado luns, percorreron varios centros de ensino e empresas de automoción da comarca e de Ferrol, ademais de visitar algúns dos lugares máis emblemáticos da Mariña a nivel turístico. Ambos se van satisfeitos tras esta experiencia.
Os profesores procedentes de Croacia manifestaron que “nos está gustando mucho la experiencia, la gente nos parece muy amable, obviamente hay cosas muy diferentes de un país a otro, pero nos está gustando mucho. Hemos visto muchas cosas de la asociación que nos interesan para realizarlas en nuestro país. Estamos cogiendo unas ideas para tal vez empezarlas allí”.
Os docentes declararon que “las diferencias que hemos visto son sobre todo en los centros además de en las empresas, que se parecen básicamente pero hay cosas que nosotros no tenemos. En el instituto Ferrolterra hemos visto que tienen unas instalaciones increíbles y más medios que nosotros en algunos apartados”.
Sobre a experiencia a nivel persoal dixeron que “nos habían dicho que era bastante lluviosa esta zona, pero hemos tenido un tiempo sorprendente y nos está gustando mucho. Nos han encantado los lugares que hemos visitado. Es una cultura totalmente diferente pero estamos impresionados y nos gusta mucho. Volveremos, nos gustaría venir de vacaciones”. Uno de ellos añadía: “como yo soy de la zona de la costa de Croacia me gusta mucho el mar y me siento muy bien aquí. Me encanta comer pescado y toda la comida está buenísima”.
Da man de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) coñeceron as instalacións do CIFP Porta de Auga e de CIFP Ferrolterra; empresas mariñás como Recese ou Irmáns Rega; outras como Electrorayma, auxiliar de Navantia; e coñeceron A Pontenova, Mondoñedo ou Ribadeo e a súa praia de As Catedrais, entre outras localizacións, ademais de visitar a un ferreiro en Riotorto.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



