Santiago de Compostela, 3 de Novembro.- A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que as cifras de record de contaxios e de falecemento, -21 vítimas mortais nas últimas 24 horas, a metade persoas usuarias dunha residencia-, mostran que a pandemia está ao borde do descontrol e que, polo tanto, freala é unha urxencia que require medidas contundentes e inmediatas. Por iso, o BNG propón poñer sobre a mesa o confinamento, como a mellor maneira de frear a expansión do virus, e de adoptar esa medida canto antes.
Así o propuxo a líder nacionalista na súa intervención na Comisión de reactivación económica e social no Parlamento, que hoxe abría as comparecencias.
“Estamos nun momento de extraordinaria gravidade na expansión da pandemia, con cifras record de contaxios, con cifras pavorosas de vítimas mortais señorías”, recalcou, “por iso no BNG pensamos que hai que tomar medidas contundentes e hai que facelo canto antes, porque canto antes significa salvar vidas, primeira obriga ética e moral, e significa tamén salvar empregos”, explicou.
Para o Bloque, e tendo en conta os datos que arroxa hoxe a segunda onda da pandemia, “é o momento de poñer sobre a mesa a opción do confinamento, porque os datos apuntan que esa medida vai ser a única solución para frear a expansión desta segunda onda, -como así o están a dicir tamén moitas persoas expertas-. E se esa é a mellor opción para frear a COVID, que se adopte canto antes”, alegou Pontón.
A portavoz nacional subliñou que Alemaña xa está recorrendo ao confinamento cando a incidencia por cada 100.000 habitantes é moito menor que a de Galiza, polo que insta ao Goberno de Feixóo a liderar a adopción de medidas contundentes. “Esperar non é unha opción, cando se trata de salvar vidas. Por iso pedímoslle ao Goberno da Xunta que actúe con decisión, que lle plante cara á situación de descontrol da pandemia e que aposte por un confinamento como a mellor maneira de preservar a saúde dos galegos e das galegas. Non só debe ser este o principal obxectivo, senón que ademais, implica poñer as bases para salvar empregos”, afondou.
“Non esperemos a poñer en marcha unha medida contundente e eficaz, se hai que facelo, e os datos son contundentes, fagámolo, sen medias tintas, non é o momento de practicar a técnica da avestruz, a política de esconderse senón de liderar. É o momento de tomar medidas claras, rotundas e contundentes para frear a pandemia”, insistiu na súa intervención parlamentaria.
Peche encuberto da hostalería
En relación á situación de crise económica, Pontón reclamoulle ao titular de Economía, Francisco Conde, que se adopten medidas de axuda aos colectivos máis afectados, como os e as traballadoras autónomas e a sectores que están á bordo da quebra como a hostalería, “que en realidade está soportando un peche encuberto sen recibir ningunha axuda. Por exemplo, cidades como Ourense un mes de peche encuberto sen recibir ningún apoio ou compensación”.
A portavoz do Bloque alegou que se o Goberno do PP considera necesario pechar un sector que xera miles de postos de traballo, hoxe en xogo, “dean a cara, que decreten ese peche e habiliten axudas como se fixo na primeira onda da pandemia. O que non é de recibo é este peche encuberto da hostalería, que o leva a ruína e a perda masiva de empregos, sen recibir ningunha compensación nin axuda”.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



