Santiago de Compostela, 12 de Novembro 2020. O BNG mantivo un encontro co sector da hostalería e do turismo para valorar a situación e as medidas a adoptar a curto e medio prazo nun dos ámbitos da economía máis impactados pola pandemia, e cun peso clave en termos de emprego e de afectación noutros sectores.
Neste sentido, a formación nacionalista demanda un plan de rescate integral coa suficiente dotación orzamentaria “que debe estar operativo canto porque son moitos os pequenos e medianos establecementos ao límite, que necesitan un salvavidas inmediato antes de verse abocados ao peche definitivo”, salienta a portavoz nacional, Ana Pontón.
“Hai que recordar, alegou, que na crise de 2008 se destinaron só en Galiza, 9.000 M€ para rescatar a banca, así que podemos rescatar ao sector turístico e da hostalería que enchen de emprego e de actividade económica as e cidades”. A líder do Bloque subliñou que este plan de rescate pode ser financiado con cargo a liña de fondos europeos REACT, que para o período 2021-2022 vai estar integrado no fondo COVID da UE.
Salientar que, con cargo ao Next Generation, o BNG cifra nun mínimo de 12.600 M€ a contía que debería recibir Galiza, o equivalente ao 9% do total, “recursos que deben ir destinados a rescatar ás PEMES, ao tecido empresarial e produtivo do país, no que o sector da hostalería e do turismo teñen un peso clave”, explicou.
No inmediato, o BNG demanda axudas directas para paliar as consecuencias do peche total, “que significa cero ingresos na maior parte dos casos, pero as facturas non están confinadas e seguen chegando puntualmente”, salientou, “o que non pode facer un Goberno responsable que ten a obriga de anticiparse é cortar de raíz a actividade dun sector esencial sen poñer sobre a mesa ningunha axuda”, recriminou.
Por iso, e en liña coas peticións do sector, o Bloque demanda 30 M€ en axudas directas para poder compensar cando menos o 50% das perdas, o que supón duplicar o anuncio de 12 M€ feito desde a Xunta. “Como explica o propio sector, esa contía deixaría fora das axudas ao 75% dos locais. Euskadi, por exemplo, que ten 1/3 dos establecementos de hostalería de Galiza ten en marcha unha liña de axudas de 45 M€”, alega.
O BNG tamén formula medidas de apoio actuando sobre a fiscalidade, como aprazar o pago do IRPF e do IVE do cuarto trimestre de 2020 até doce meses, ampliar o prazo dos pagos fraccionados do imposto de sociedades e un IVE reducido do 4% para o sector da hostalería e do turismo.
Igualmente, a posibilidade de quitas e exoneración do pago das cotizacións da seguridade social correspondentes ao tempo do peche; negociar coas entidades bancarias o aprazamento do pago de créditos, un plan de promoción e estímulo nas cidades por ser as máis afectadas polas restricións e facilitar a redución do alugueiro dos locais até un 50% cada mes mentres dure a pandemia.
No encontro de traballo participaron representantes do cluster do Turismo de Galiza e das principais asociacións de hostalería de todas as provincias, ademais do portavoz parlamentario nesta materia, Daniel Pérez.
Preguntada pola tramitación do proxecto de orzamentos do Estado, Pontón explicou que o BNG negocia co PSOE e con Podemos “coa vontade clara” de chegar a un acordo co goberno central, “pero ese acordo só será posible se se mellora o investimento previsto para Galiza até un mínimo de 1.000 M€, porque é totalmente inaceptable que unhas contas do Estado que suben recollan unha caída no investimento para Galiza.


















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



