Burela, 12 de novembro de 2020. En Negro Contra As Violencias desenvolverase este ano, debido á pandemia do covid, a través das redes sociais. O Concello de Burela súmase por cuarto ano consecutivo a esta iniciativa. A campaña tamén insta a tinguir de negro as casas e as rúas.
Un ano máis arranca a campaña En Negro Contra As Violencias, que neste 2020 debido á crise sanitaria actual e ás restricións de mobilidade e distanciamento social, vaise facer principalmente a través das redes sociais.
En Negro Contra As Violencias, é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde en 2015 en Santiago de Compostela co impulso da Administración Local, crecendo e involucrando ano tras ano a un maior número de Concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de forma viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo no mes de novembro e, concretamente, no 25 N -Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres-, cando a acción desprega a súa actividade dunha forma máis intensa.
Desde o seu inicio buscouse implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento ás violencias de xénero e aos asasinatos machistas.
Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.
No quinto ano de percorrido da campaña, esta conta coa participación de 2 Deputacións, 140 Concellos, 210 empresas, 155 colectivos e 72 centros de ensino. En total preto de 500 entes que se organizan mediante unha plataforma para loitar contra as violencias machistas. Ademais, miles de establecementos apoiaron durante estes anos a acción cubrindo de negro os seus escaparates e lugares de traballo.
Neste ano, no que a emerxencia sanitaria pola pandemia obrigou ao confinamento domiciliario, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres fíxose, se cabe, máis difícil. Así o denunciou a Organización Mundial da Saúde (OMS), instando aos gobernos a tomar medidas urxentes de prevención para facilitar, deste xeito, a asistencia ás mulleres que se puideran atopar en situación de vulnerabilidade ou perigo.
En Negro Contra As Violencias demostrou ser unha ferramenta moi útil para que os Concellos –grandes e pequenos– puidesen implementar, desde o mesmo marco, diferentes iniciativas que na suma total constituísen unha única grande acción. Este ano, preténdese do mesmo xeito unir forzas e tinguir de negro, non só os establecementos, senón tamén as casas, as rúas e as redes sociais. Conscientes das dificultades actuais para organizar accións presenciais, este ano centraranse os esforzos en actividades virtuais. A primeira tivo lugar o pasado 4 de novembro, a través dunha reunión virtual con preto de noventa participantes co obxectivo de poñer en rede as diferentes actividades que se están a programar.
Igual que en anos anteriores, o proxecto a nivel global, conta co patrocinio de Gadis e Finsa, garantindo a coordinación e o desenvolvemento das accións globais e co apoio das Deputacións de Pontevedra e Lugo para os seus respectivos territorios.
O Concello de Burela, a través da Concellería de Muller e Igualdade, por cuarto ano consecutivo únese á campaña de denuncia e sensibilización social En Negro Contra As Violencias “co obxectivo de visibilizar que as violencias contra as mulleres non cesan e animan á participación activa dos vecinos e veciñas, tinguindo de negro as súas casas, balcóns, redes sociais, locais,…”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



