Viveiro, 12 de novembro de 2020. O grupo municipal do PP de Viveiro, á vista das informacións en relación co ingreso das axudas municipais a microempresas e autónomos que non puideron traballar durante o estado de alarma pola covid-19, expresa a súa preocupación polo alto número de solicitantes que no poden acceder a este tipo de achegas. Por este motivo, o portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, insta ao goberno municipal a efectuar unha nova convocatoria, de maneira que un maior número de empresas e autónomos de Viveiro teñan opción a acceder a estas aportacións.
Óscar Rodríguez sinala que, como se indica nas citadas informacións xornalísticas sobre o abono das achegas, a cantidade total destinada polo Concello para este fin foi de 400.000 euros, dos que, finalmente non se executan 160.300 euros. En total quedan fóra das achegas 81 solicitudes.
Rodríguez di que é precisa unha nova convocatoria destas axudas. Explica que moitas dos microempresas e autónomos que non se puideron acoller a estas achegas corresponden a actividades que non tiñan que pechar obrigatoriamente, pero os seus ingresos caeron de maneira drástica pese a poder seguir operando.
Rodríguez di: “Se o goberno municipal fixera caso da proposta da PP cando se lle fixo, se houbera actuado con rapidez e dilixencia, as axudas xa estarían nas mans dos beneficiarios, que tanto as necesitan, hai xa moito tempo”



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



