Santiago, 12 de novembro de 2020. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que realice os estudos que acrediten, diante de ICES e a Comisión Internacional para a conservación do atún atlántico (ICCAT), o bo estado do stock de bonito do norte e, conseguintemente, permita un aumento do TAC asignado a esta especie no atlántico norte. Así mesmo, demándase a negociación e a adopción de medidas para poder estender a duración da campaña e a rendibilidade económica da campaña.
O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro, explicou que a campaña do bonito do norte desenvólvese nos meses de xuño a setembro, coa participación de preto de 300 barcos, moitos deles procedentes dos principais portos pesqueiros de Galicia. Neste 2020, a campaña rematou antes do esperado, o 19 de agosto, logo de que o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación publicase a resolución pola que decretaba o seu peche, ao terse consumido a cota deste ano. “Estamos ante a campaña máis curta da historia desta pesquería e a quinta de forma consecutiva que remata no mes de agosto”, lamentou.
Balseiro indicou que “a cota do bonito que lle corresponde a España segue a ser insuficiente, xa que en 2020 só dispuxo de 16.300 toneladas”, a pesar de que “hai abundancia do recurso e a cota podería aumentarse nun 12 por cento mediante acordo do Comisión Internacional para a conservación do atún atlántico, pero a realidade é que a suspensión da súa sesión plenaria podería non supoñer cambios”.
MAIOR PROBLEMÁTICA ESTE ANO
“Pero é que este ano, por mor da Covid-19, esta frota acumula maior problemática derivada de dous impactos directos: por unha banda, as restricións pola adopción das medidas sanitarias, xa que moitos barcos tiveron contaxiados a bordo e non puideron aproveitar a costeira; e as limitacións de acceso ao mercado, xa que parte da canle hostalería e restauración está fóra ou xerando unha demanda inferior”, lamentou.
Diante desta situación, o deputado popular anotou que a Consellería do Mar solicitou ao Goberno de España que tivese en conta as propostas de Galicia para modificar a regulación da costeira. En concreto, pediuse o establecemento dun exhaustivo control de xestión deste tipo de pesca na Zona Económica Exclusiva e tamén un incremento da cota para 2021, ante a confirmación do Comisión Internacional para a conservación do atún atlántico da posibilidade de aumentala nun 12 por cento, cantidade significativa e aínda mellorable.
“Galicia fixo e fará valer ante os organismos competentes as demandas do sector pesqueiro galego, pero é preciso que nesta demanda do que nos é propio por dereito o Goberno central se sume aos nosos argumentos e apoie á nosa frota para acadar un resultado positivo nesta negociación”, sinalou José Manuel Balseiro.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



