Ribadeo, 2 de novembro de 2020. O Concello de Ribadeo creou unha páxina web que ten por obxectivo dar unha maior visibilidade aos negocios locais nun entorno tan influínte e divulgador como é internet. Cun só clic poderase coñecer a ampla oferta de establecementos este concello. Esta é unha iniciativa da Concellaría de Desenvolvemento Local xunto coa Área Tic da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade.
Segundo explican desde o Concello “trátase dunha guía que mostra diversa información acerca dos negocios ou empresas sitas en Ribadeo. Nela poderase consultar, por categorías ou tipoloxías, información de contacto, enlaces ás redes sociais ou á propia páxina web así como dirección ou horario dos establecementos do Concello. A páxina web inclúe un apartado de Compra online, no que figuran aquelas entidades que dispoñen de servizo para mercar ou contratar os seus produtos de forma online sen necesidade de desprazarse”.
Esta iniciativa levada a cabo pola Área de Desenvolvemento Local xunto coa Área TIC da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade “tenta pór en valor a economía local potenciando un consumo de proximidade e trato personalizado, fomentando deste xeito, a dinamización e mantemento dos negocios da localidade, tarefa esencial e moi necesaria nestes tempos de Covid-19.Tamén tenta achegar as compras ou contratación de servizos online de Ribadeo á cidadanía, xerando economía local. A actividade forma parte do programa de dinamización e reactivación socioeconómica deseñado polo Concello de Ribadeo”.
E engaden que “aqueles negocios ou entidades que non figuren na guía poderán solicitar a súa inscrición mediante a cumprimentación dun formulario e declaración responsable que se atopan dentro do apartado Comunicacións. Así mesmo, se algún negocio quere modificar ou darse de baixa da guía pode facelo na mesma pestana. Este servizo é totalmente gratuíto tanto para os establecementos que desexen figurar na páxina como para as persoas que accedan á súa información. A guía está dispoñible na páxina web https://guiacomercial.ribadeo.gal para a súa consulta”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



