Si, Galicia está a envellecer. Iso din os números das estatísticas. E o envellecemento mesmo parece acelerarse a medida que se mantén a taxa reprodutiva á baixa no longo prazo.
Pode discutirse se o envellecemento poboacional é bo ou malo, pero non ten sentido facelo de xeito absoluto, pois é algo relativo. Si, moita xente, ó ler o comezo deste parágrafo terán levado as mans á cabeza, pero, con todas as circunstancias que se lle podan meter -e poden ser moitas- non é o mesmo elevar a media de idade de 18 a 20 anos, ou sexa, dous anos nunha sociedade constituída por xente nova, que de 48 a 50 anos, é dicir, dous anos nunha sociedade de xente moi maior. No primeiro caso, significa sobre todo unha sociedade dous anos máis madura, mentres que no segundo é máis ben unha falta de renovación social. Dubida alguén que o despegue económico e tecnolóxico de China ten algo que ver co aumento da idade media da súa poboación (19 anos en 1970, 38 anos na actualidade), relacionado cun castigo gobernamental da natalidade? E que o estancamento do Xapón ten unha compoñente no aumento da idade media da súa poboación (37 anos en 1990, 48 anos na actualidade), encamiñada á vellez como idade media?
O envellecemento individual é algo natural. O envellecemento social, non: é só unha simple posibilidade. E é que nunha sociedade, o envellecer social é algo máis que o envellecer en idade a media da súa poboación. É resultado de varios factores, entre o que se atopa o aumento da idade media da poboación como un máis deles, pero dentro de certos límites, pode que nin moito menos o máis importante.
Volvamos a Galicia. Poderiamos ter unha sociedade de vellos, pero non moi envellecida como sociedade. Vellos dinámicos, con capacidade de desenvolver novas ideas… Coido que non é así, aínda que nos últimos anos o ritmo de envellecemento social tense freado ó acceder a idades elevadas unha xeración máis aberta ó mundo, con maior número dos seus compoñentes interactivos máis aló da partida despois de comer ou do mantemento da terra á que levan adicada a súa vida, e cunha certa ansia de seguir activos en labores elixidas de xeito voluntario máis que por costume. Pode que non sexa o movemento de maiores que se observa noutros lugares, pero si se deixa notar a diferencia.
Mais estamos desviados se, variando o rumbo, nos centramos e illamos só o envellecemento social, e nos esquecemos de que a saúde da sociedade enteira pasa tamén pola procura de non amputar partes do seu corpo, sen ir máis lonxe, a xuventude abocada a emigrar. Ou por procurar unha renovación, non só de coñecementos e métodos no desenvolvemento social, senón tamén das persoas que a integran, vía nacementos. Ou pola integración doutras persoas que veñen de fóra.
Na nosa sociedade, vello segue a ser unha verba de connotacións negativas…




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



