Lugo, a 14 de novembro de 2020. A comisión da Sanidade do PP de Lugo celebrou unha reunión por videoconferencia, na que participou a director xeral de Saúde Pública Carme Durán. Foi un dos encontros periódicos que mantén este grupo de traballo do PP de Lugo. A directora xeral expuxo a situación actual da covid19 na nosa Comunidade. Estiveron conectados en liña 17 persoas, profesionais de diversos ámbitos de atención primaria e hospitalaria. Participou a presidenta provincial do PP, a deputada autonómica Elena Candia. Segundo Candia e a tamén deputada Encarna Amigo, presidenta da comisión de sanidade do PP de Lugo e portavoz de sanidade, foi unha reunión frutífera, clarificadora, na que os participantes puxeron de manifesto aspectos do seu traballo diario. Este tipo de encontros con expertos, sinalaron Candia e Amigo, resultan especialmente importantes en situacións como a xerada pola pandemia de covid. No encontro púxose de manifesto o bo facer da Xunta desde o primeiro momento da pandemia.
Ao fío da reunión, os populares indican que en Galicia hai brotes, pero “sabemos que temos un goberno que xestiona e que a situación na nosa Comunidade é mellor que na maioría do resto das Comunidades Autónomas”. Destacan neste sentido que Galicia é a cuarta Comunidade con mellores datos de incidencia acumulada a 14 días.
Elena Candia e Encarna Amigo destacan que a directora xeral puxo unha vez máis de manifesto que Galicia foi a primeira comunidade autónoma que puxo en marcha unha comisión clínica, formada por 34 expertos, con nome e apelido, que se reuniron semanalmente, e que se traballou conxuntamente co Goberno na elaboración de protocolos. Amigo sinala: “Houbo unha xestión impecable de todos e cada un dos brotes, baseada na normativa e na lexislación, con ordes precisas”. Indicou: “As decisións que se tomaron nese comité clínico foron as que posteriormente o goberno puxo en valor. Aumentouse o número de probas. Galicia foi a primeira comunidade en poñer en marcha o autocovid, co cal se fan as probas sen baixar do automóbil; puxéronse en marcha laboratorios punteiros; no hospital Álvaro Cunqueiro unha planta automatizada encomiada polo ministro Illa na súa recente visita a Vigo. Fomos pioneiros das probas de pooling de saliva, que producen melloras importantes e tamén coa PCR en saliva que facilita a detección de positivos en grandes grupos, como poden ser as residencias de maiores ou as grandes plantas industriais”. Destacou que se fixeron máis de 300.000 test de antíxenos.
Ao longo da reunión abordouse a cuestión dos rastreos e valorouse a implicación de todos e cada dos actores da sanidade. Neste sentido, os populares resaltan que incluso profesionais xubilados se puxeron a traballar desinteresadamente para axudar nos momentos máis críticos da pandemia. Igualmente destacouse a inestimable axuda das TIC, nas que tamén a nosa comunidade e punteira no seu desenvolvemento. Xogaron un papel fundamental no seguimento dos pacientes con covid, nomeadamente Telea, que é una plataforma que permite seguir desde atención primarias aos pacientes desde o seu domicilio.
Amigo e Candia coinciden en destacar que Galicia foi pioneira na posta en marcha de moitas medidas, que xunto coa coordinación, os protocolos, o bo facer e o esforzo máximo dos profesionais en toda a cadea da sanidade, fixo posible que os pacientes estiveran ben atendidos e que a ninguén que a precise lle falte unha cama hospitalaria en planta ou en uci. Os populares destacan que os datos, que desexan que melloren ata o nivel cero, demostran que en Galicia estamos en mellor situación que a maioría do resto do país.
Na reunión indicouse que o seguimento dos casos faise sempre desde atención primaria e que o seguimentos dos contactos fainos o Centro de Seguimento de Contactos creado coa finalidade de descargar de burocracia aos médicos de primaria
Os populares indican que dende a consellería quérese seguir na senda de mellorar, de incrementar a capacidade dos laboratorios para seguir facendo probas, avanzar na especialización dos rastreos, automatizar aínda máis os procesos e seguir o plan de continxencias, que está funcionando. O último paso será a vacinación no momento en que estean dispoñibles as vacinas.
Parlamento
As deputadas Elena Candia e Encarna Amigo lembran que no Parlamento os populares pediron de forma reiterada a eliminación da taxa de reposición. Amigo sinala: “Somos conscientes de que temos escaso número de médicos e enfermeiras, en xeral de persoal sanitario; para poder cubrir esas necesidades necesitamos a eliminación da taxa de reposición”. Explica: “Sobre ela unicamente ten competencias o Goberno central. Isto vén do Goberno de Zapatero, que na crisis do 2008 baixou esa taxa, que era do 100%, primeiro ao 30% e, no 2009, ao 10%; posteriormente, no 2015, xa co Goberno de Rajoy, subiu ao 50% e, no 2016, ao 100%. Esa taxa segue no 100%, pero debido a todos os anos que estivo máis baixa e ás xubilacións, faise necesario que se elimine para contratar ao persoal que necesitamos”. Destaca que “nos orzamentos xerais do Estado non se reflicte vontade política e esa taxa non se eliminou”.
Candia e Amigo sinalan que no Consello da Xunta aprobouse a creación de máis de 7.000 prazas na función pública, das que mil son para sanidade. “O presidente dixo que a súa intención é crear 3.500 prazas en sanidade; o problema é que, por non estar eliminada a taxa de reposición, isto no é posible a día de hoxe”. .
No PP ven con satisfacción que nos orzamentos xerais do Estado se reflicta a baixada do IVE das máscaras sanitarias. Candia e Amigo destacan que “son un produto de primeira necesidade”.
Os populares lembran que teñen pedida a creación dun centro de terapia CAR-T; estas terapias son unha nova forma de tratamento inmunolóxico en materia de cáncer. Desde maio do 2019 se autorizaron en España e en Galicia, pese a ter centros perfectamente formados, ningún hospital foi seleccionado, e os nosos doentes teñen que saír fóra da Comunidade para poder recibir este tipo de tratamento. Dentro das CAR-T hai as chamadas académicas; a pretensión é poñer en marcha en Galicia un centro con este tipo de terapia.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



