Lugo, a 16 de novembro de 2020. Despois de demorar varias semanas a convocatoria, na reunión da mesa multilateral desta tarde o Goberno non concretou os pasos a dar para efectivizar a intervención nin, en caso contrario, que alternativa traballa no curto prazo para garantir a produción e os empregos na fábrica de San Cibrao. Diante desta inacción, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, reiterou que a Xunta e o Executivo español “débennos esta actuación, pois calquera resultado que acabe en peche e despedimentos será tanto responsabilidade de Alcoa como de ambas administracións”.
Responsabilidade directa de Alcoa “por acción, pero tamén dos Gobernos por omisión, por pasividade, por non intervir e non expropiar, cando a día de hoxe esta é a única opción real para dar continuidade a actividade industrial e aos postos de traballo”, aseverou Carril durante a xuntanza telemática. Nesta liña, demandou dos representantes políticos que “fagan real” esa proposta de mediación que o comité asumiu a principios de agosto, mais da que Alcoa se descolgou ao negarse a unha venda negociada tanto con GFG Alliance como coa SEPI. Ten que haber unha intervención e unha expropiación para que non se repita o que está acontecendo nas fábricas da Coruña e Avilés. Iso non o imos consentir”.
O secretario xeral da CIG subliñou que Alcoa ten máis que demostrada a súa nula vontade de acadar unha solución de futuro e mesmo amosou a súa incapacidade para asumir a resolución xudicial sobre as medidas cautelares “que desbarata os argumentos da empresa para xustificar a parada de cubas”. Alerta Carril que co recurso ao auto do TSXG, Alcoa só busca manter unha situación de conflito permanente e que por esa razón tamén se negou a aceptar o ofrecemento feito polo comité de levantar a folga a cambio de negociar unha saída de continuidade industrial.
Diante disto, afirmou Carril, tanto a Xunta, como especialmente o Goberno español, teñen que tomar a iniciativa para evitar o plan de peche de Alcoa, máxime cando existe un grupo empresarial interesado en continuar coa produción de aluminio primario e cando Alcoa xa evidenciou abondo que non ten ningunha intención de vender. “A saída está na nacionalización da planta, mediante unha expropiación ou outra fórmula, e ten que facerse efectiva antes do 31 de marzo, que é o prazo límite marcado pola propia empresa para executar os despedimentos e a parada das cubas. Esa sería a única resposta ao nivel do esforzo que están realizando os traballadores e traballadoras”, subliñou.
Neste senso, durante a reunión reiterou que a intervención pública é perfectamente viábel e legal, tal e como quedou demostrado no informe elaborado pola Universidade da Coruña a solicitude da CIG. “Por parte dos Gobernos débeselle aos traballadores/as e á comarca unha actuación contundente, como a nacionalización, porque é a única que pode frear a Alcoa. A empresa quere reducir este conflito aos procesos xudiciais, pero a solución non está nos xulgados, senón que pasa por decisións políticas dos Gobernos”, conclúe.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



