Ribadeo, 23 de decembro de 2020. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este ano o seu tradicional concerto Aquí como en Viena en dúas sesións, este sábado 26 e o domingo 27, ás 20:30 horas, no auditorio Hernán Naval. As dúas actuacións serán con aforo reducido debido ás restricións sanitarias en vigor. O primeiro dos concertos será só para familiares dos músicos e o segundo para o público en xeral e retransmitirase a través de facebook.
O director da Banda, David Ballester, explica que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional Aquí como en Viena, pero vai ser diferente pola situación que estamos a vivir e que condiciona a realización do concerto. Dende a asociación Amadores da Música e dende o Concello pensamos que a mellor opción é dividir o concerto en dúas sesións, co cal este ano imos levar a cabo o sábado 26 de decembro ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval unha primeira sesión, que será só para familiares dos músicos, con capacidade limitada. E domingo 27 de decembro ás 20:30 horas celebraremos o concerto para o público en xeral. Debido á situación sanitaria a capacidade vai ser limitada. A apertura de portas será ás oito da tarde e haberá un máximo de dúas entradas por persoa, repartidas en rigoroso orde de chegada, ata completar a capacidade que nos estipulan dende a Xunta.”
O director da Banda manifesta que “o concerto, como sempre, vai ter dúas partes. Tivemos que dividir a banda en dous grupos para poder gardar todas as distancias de seguridade esixidas e poder levar a cabo a actuación coa maior seguridade posible para os músicos. A primeira parte correrá a cargo dos máis mozos da banda, que interpretarán unhas pezas; e a segunda parte, cos máis veteranos, que ofrecerán outras obras típicas deste concerto, como son as polkas e os valses.”
David Ballester comenta tamén: “habitualmente digo que invito a toda a veciñanza a acudir aos concertos, pero neste caso a capacidade vai ser limitada. Dada esa situación o que imos facer, esperemos que nos saia ben, é retransmitir o concerto do domingo 27 por medio da páxina de facebook Fans da Banda Municipal de Música de Ribadeo, para que toda a xente que queira poida seguirnos por esa páxina. É unha situación especial, por iso o facemos desta maneira. Espero que a xente o entenda xa que este concerto é moi concorrido. Oxalá para o ano que vén poidamos celebralo como se merece e como víñamos facendo ata o de agora, que é enchendo de público o auditorio Hernán Naval. Este ano toca facelo así e seguimos adiante coa música da Banda Municipal de Ribadeo.”























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



