Ribadeo, 2 de decembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que a plataforma de contratos do Estado publica hoxe a licitación das obras de mellora da estrada dos Garitos, que suporán un investimento de 359.000 euros. Unha vez que sexan adxudicadas o prazo de execución será de cinco meses. Agora ábrese un prazo de vinte días para que as empresas presenten as súas ofertas.
O rexedor ribadense comentou que “sae publicado hoxe na plataforma de contratos do Estado a licitación das obras de acondicionamento e renovación da estrada da estación por un importe de 359.716 euros. Hai que lembrar que o 78% destes recursos son aportados pola Deputación de Lugo e o resto, uns 79.000 euros, son aportados polo Concello de Ribadeo a través dos recursos propios. O prazo para a execución destas obras, unha vez adxudicadas, será de cinco meses e agora durante vinte días naturais as empresas cualificadas para facer estas obras van poder presentar as ofertas para que poidamos escoller a mellor, de acordo cos criterios que se establecen nos pregos de contratos”.
Suárez Barcia dixo que “todo isto é a consecución dun ano de moitísimo traballo pola nosa parte, de trámites, de redacción do mellor proxecto posible, de consecución dos terreos que eran titularidade de Feve e nolos pasaron ao Concello e de varias cesións menores doutros particulares, que tamén nos tiveron que ceder unha parte dos terreos”.
Para o alcalde ribadense “tamén foi un ano onde puidemos constatar, á vista de todos están os acordos plenarios e as intervencións nos medios de comunicación, que hai quen só ven á política para facer ruído pero logo as caretas, coa forza dos feitos, van caendo precisamente polos seus propios feitos. Son os de sempre, non dan un can, moito dicir que se fai e moito dicir que se trae, pero logo despois, cando chega a hora da verdade, nada de nada. En todo caso facer aspaventos cando se lle conceden a Ribadeo cuestións de tipo ordinario e vendelo como se fose unha lotería, que nos regan de cartos cando nada de todo iso é verdade. En todo caso, a nós o que nos toca é traballar e facelo o mellor posible cos recursos que temos ao noso alcance”.
Fernando Suárez engadiu que “agora con esta licitación imos abrir unha nova etapa cunhas obras que van cambiar este perigoso vial dunha maneira determinante, dunha maneira moi positiva, porque é un vial que é utilizado por moitísimo tráfico pesado, moito del provén da madeira que se saca das parroquias do interior e utilizan este vial como o único posible para saír á autovía ou á circunvalación, polo que esperemos que neste 2021 sexa un ano definitivo para ver isto cambiado”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



