O Tribunal Constitucional (TC) rexeitou por seis votos contra cinco (o posto duodécimo ficou vacante desque Fernando Valdés demitiu hai semanas) o recurso de amparo do sindicalista galego Paulo Fragoso (CIG) contra da sentenza do Xulgado do Penal nº 1 de Ferrol (confirmada pola Sec. 1ª da Audiencia coruñesa) que o condenara a 1.260 € por un delicto de ultraxes á bandeira do Estado. Cómpre lembrar que en novembro de 2018 caducara o mandato do demitido Valdés e doutros tres maxistrados do TC.
Esta sentenza racha coa doutrina do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH), que xa ditaminou que a liberdade de expresión abeira esta caste de condutas, como tamén a de queimar retratos do Xefe de Estado. Neste senso, dous independentistas cataláns condenados por queimar estes retratos (sentenza penal tamén confirmada no seu día polo TC) obtiveron unha sentenza que declarou contraria a devandita condena á liberdade de expresión recoñecida na Convención Europea de Dereitos Fundamentais que interpreta o TEDH.
O TEDH coincide nesta interpretación ampla da liberdade de expresión co Tribunal Supremo dos USA (TSUSA), que en varias ocasións ten recoñecido que queimar a bandeira dos USA constitúe un acto lexítimo, abeirado na liberdade de expresión recoñecida na Primeira Emenda á Constitución USA. TEDH e TSUSA, porén, non conciden sempre nos límites da liberdade de expresión. Mentres o TEDH mantén un concepto comunitario da liberdade de expresión e non protexe abusos da mesma como os delictos de expresión de odio, por se tratar de agresións á orde xurídica baseada nos dereitos fundamentais e na dignidade das persoas, o TSUSA defende unha interpretación indivisualista que descoñece esta categoría dos delictos de odio, permitindo toda expresión que non supoña unha chamada inmediata e directa a un acto de violencia delictiva.
A Constitución dispón que a interpretación dos dereitos fundamentais sexa realizada consonte cos Tratados internacionais asinados polo Estado. O TEDH é o máximo Tribunal neste eido en todos os Estados da Unión Europea e nos restantes do Consello de Europa. É, sinxelamente, o que máis ordena na unificación xurisprudencial no eido dos dereitos fundamentais no Estado español.
Xa que logo, esta sentenza do TC é ilegal e ilexítima. E, o que é máis grave, racha coa definición europea da democracia e das liberdades.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



