Santiago de Compostela, 14 de Decembro 2020. O BNG cualifica de “desastroso” o acordo alcanzado pola Comisión Europea en relación ás cotas de pesca e critica a “satisfacción” do ministro español do ramo ante unha redución que representa un “fracaso” para o sector pesqueiro galego.
A diminución de capturas prodúcese cando as cotas xa foran recortadas en anos anteriores e a negociación evidencia para a formación nacionalista o “escaso peso político” de Galiza no Estado e na UE á hora de reclamar melloras para o sector pesqueiro.
“Entendemos que a Unión Europea non tivo en conta o criterio social que debería primar a día de hoxe por estar en plena pandemia e as consecuencias para o sector pesqueiro son negativas dende hai meses e porque continuamos á espera do que suceda co Brexit”, reprocha a portavoz de Pesca, Rosana Pérez. Segundo salienta, se ao recorte das cotas temos que sumarlle un acordo “abrupto” e “duro” do Brexit será o momento no que o Goberno galego e o español “terán que pensar moi seriamente que vai pasar coa flota galega”.
Un recorte dun 5% na pescada, 20% para o linguado, 20% para o besugo, 7% para a meiga e un 20% para o abadexo, deixan na súa opinión á flota galega en moi mal lugar para ter expectativas de manter a súa normal actividade no ano 2021. O punto de inflexión é a cota do rape cun 13% menos de cota o que implica que os arrastreiros galegos poderán faenar moi pouco tempo no ano 2021. Recortes que, segundo Rosana Pérez, “ non se corresponden cos informes das especies que salientan o seu bo estado biolóxico”.
O BNG recalca que, polo tanto, o acordo resulta “desastroso” para a flota galega, unha das máis importantes do Estado español.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



