Santiago de Compostela, 19 de Decembro 2020. A deputada do BNG, Rosana Pérez rexistrou unha batería de iniciativas co fin de instar á Xunta a demandar do goberno do Estado iniciar as accións necesarias para que o buque Sevmorput que navega, “avariado” cara Rusia non pase pola costas galega ante o grave risco que pode ocasionar.
O buque emprega emerxía nuclear e ten previsto aproximarse nos vindeiros días ao corredor de Fisterra baixo a alerta de ventos de forza oito, ondas de até cinco metros de altura e dificultades na navegación pola avaría o que fai imposible determinar a súa chegada exacta á costa galega.
Rosana Pérez destaca que as costas galegas levan acumulados nos últimos anos innumerables e graves accidentes marítimos e a pesar do acontecido “o goberno continúa sen tomar medidas”.
“Se a fatalidade fixese coincidir unha avaría total do Sevmorput ao seu paso polo corredor de Fisterra con temporal, como é habitual nestas datas, poderiamos estar, de novo, ante unha catástrofe, mais agora con risco nuclear”, afirma a deputada nacionalista.
Mariña Mercante anunciou que está a facer seguimento da ruta do buque pero polo momento non se tomaron medidas para evitar que entre en augas da zona económica exclusiva do Estado e non existe ningunha previsión no caso de que o barco deba ser levado a porto por non poder continuar navegando.
Segundo a nacionalista, o Sevmorput non debe acceder ás augas das costas galegas nin empregar as rías como porto refuxio. Na súa opinión, resulta imprescindíbel a monitorización continúa sobre a situación do buque, emprazamento exacto e a evolución da avaría en tempo real. Ademais, “os medios de salvamento, tanto aéreos como navais, ubicados en Galiza deberían estar en alerta para actuar con axilidade no caso dunha eventual situación de alarma”.
A coordinación e colaboración dos medios do Estado, de quen dependen as competencias en salvamento marítimo, e dos pertencentes á Xunta de Galiza e adscritos ao Servizo de Gardacostas, resulta non só lóxica senón que, nestes casos,absolutamente imprescindíbel en previsión de indesexábeis consecuencias.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



