Santiago, 9 de decembro , 2020. A deputada do BNG, Mercedes Queixas trasladou á Cámara galega, a través dunha moción, as demandas do sector cultural gravemente danado polas restricións da COVID19.
Na defensa da iniciativa, Queixas reclamou a posta en marcha “dun plan de rescate” con medidas urxentes para paliar as consecuencias por axendas canceladas, alugueres, créditos, ausencia de salarios e pago de cotizacións sociais. A deputada solicitou, como primeira medida, abrir o diálogo entre os responsables da consellería de Cultura e axentes culturais galegos co fin de coñecer de primeira man “as súas necesidades e demandas” despois de 8 meses de “paro forzoso” polo que resulta urxente un “plan de rescate” contra a inactividade laborar á que foi obrigado dende o comezo do confinamento e atendendo ao informe do Consello da Cultura Galega, Conxuntura estatística do ámbito cultural.
Ademais, tamén solicitou a previsión de axudas directas e liñas de acceso á crédito consontes á diferente tipoloxía do sector e en función da condición laboral, nalgúns casos, intermitente e na maioría como traballadores e traballadoras autónomas, micro pemes e cooperativas sociais. A deputada reclamou presentar, antes de finais de ano, medidas dun “plan urxente de activación” derivado da Estratexia da cultura galega 20-21, así como reactivar as unidades de producción do Centro Dramático Galego e Coreográfico galego e revisar a normativa sobre os aforos permitidos atendendo á proporcionalidade dos espazos e especificidade das diferentes accións culturais que se desenvolvan.
A nacionalista afirmou que “a cultura de hoxe é a memoria do noso pobo que permanecerá máis aló de nós e falará por nós de conciencia colectiva, de pensar e sentir” e fixo seus os versos da escritora María Reimóndez, “o presente continuo é o único tempo verbal do compromiso”.
As partidas da Secretaria Xeral de Cultura, criticou Queixas, mantéñense nos mesmos termos que o ano pasado ou acrecéntanse de forma moi pouco significativa. “Este orzamento seguidista dun tempo precovid non está á altura das demandas da cultura en tempo presente restritivo nin dun futuro en que cómpre abrir canles de renovación e adaptación a novos formatos”.
O Museo do Pobo Galego mantén a mesma dotación do ano 2020, “totalmente insuficiente” mentres a Fundación Cidade da Cultura conta coas partidas máis altas ascendendo a máis de 10M. “Cada gasto xerado no mantemento do Gaiás é un proxecto cultural galego que esmorece” e criticou que entre as poucas partidas que ascenden destaca o convenio mixto Xunta-Igrexa. “Ao tempo que se nos di que non se pode afrontar o Parque do Pasatempo (BIC) por ser de titularidade municipal”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



