Viveiro, 4 de decembro, 2020. Esta fin de semana celébrase a oitava e penúltima etapa do “Camiño Gastronómico do Mar”, as xornadas gastronómicas promovidas pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e que están percorrendo a costa norte de Galicia ofrecendo receitas de catro das especies pesqueiras máis representativos da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe espada, xurel (chicharro) e peixe sapo.
Os peches da hostalería nas últimas semanas trastocou o plan previsto, polo que a derradeira etapa, que se celebrará nos Concellos de Neda e Narón, aprázase ata a vindeira semana, mentres que esta fin de semana recupéranse as xornadas gastronómicas que se suspenderan en Viveiro a comezos de novembro.
Nesta oitava fin de semana gastronómica o Camino volve así a Viveiro, onde o “Peixe de Burela” será protagonista nos pratos dos restaurantes Boavista e Panorámico Las Sirenas:
O Hotel Restaurante Boavista ofrece os seus pratos de “Pescada do pincho de Burela confitada ao baleiro, quenelle de pataca vermella e salsa de ourizos” e “Montadiño de xurel”.
No Restaurante Panorámico Las Sirenas poderanse degustar diferentes receitas de pescada do pincho e peixe espada: “Popietas de pescada do pincho de Burela recheas de gambón, touciño entrefebrado e allos porros en emulsión de allada galega e xuliana de verduriñas”; “Pescada do pincho de Burela gratinada á muselina de allo con grelos salteados e pataca panadeira”; “Peixe espada á brasa con pemento escalibado e pataca ao vapor”; “Crocante de peixe espada con maionesa de wasabi”; e “Peixe espada en adobo con salsa de menta e timbal da horta”.
A campaña, que se organiza en colaboración coa “Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela” e Armadores de Burela, ten un triple obxectivo: fomentar o consumo de peixe, apoiar ao sector hostaleiro do norte de Galicia e promocionar o “Camino del Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camino Inglés a Compostela.
O Camiño celébrase durante nove fins de semana ata o vindeiro 13 de decembro e consiste na degustación de catro das especies máis representativos das frotas pesqueiras de OPP Lugo, que teñen lugar en dous restaurantes de cada un dos quince concellos polos que circula o “Camiño do Mar”, desde Ribadeo ata Neda: nuns ofrecen pratos de pescada do pincho e xurel; e noutros receitas de peixe espada e peixe sapo.
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción de OPP Lugo incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



