Viveiro, 29 de decembro de 2020. O estado dos cascos históricos das cidades é un dos mellores espellos da capacidade de xestión dos gobernos municipais. No caso de Viveiro, o estado do pavimento da praza máis relevante, a dedicada a Pastor Díaz, na que se atopa a casa consistorial, di moito do desinterese do equipo presidido por María Loureiro pola imaxe da cidade e tamén pola seguridade dos peóns. Así o sinala o portavoz popular do PP, Óscar Rodríguez, que anuncia que o seu grupo presentará unha iniciativa no pleno da corporación para a mellora do pavimento da citada praza.
A praza Pastor Díaz está pavimentada en gran parte con laxas de granito, que, debido ao moito tempo que teñen, acusan un notable desgaste e configuran un firme moi irregular. Como consecuencia, segundo destaca Óscar Rodríguez, son frecuentes os tropezóns e as caídas de peóns. “Polo tanto, está claro que, dende o punto de vista da seguridade, é necesario mellorar o pavimento desta praza, antes de que haxa que facelo porque se produza un accidente con consecuencias graves”. Engade: “É inaudito que esta praza teña o pavimento como o ten sendo un dos ámbitos do recinto histórico polo que pasa máis xente cada día”.
Rodríguez di que ao longo dos anos avanzouse paulatinamente na substitución ou mellora dos firmes das distintas rúas e prazas do casco histórico, pero, “sorprendentemente, a renovación ou mellora non chegou á de Pastor Díaz, que é unha das máis relevantes de Viveiro e na que está a casa consistorial”.
Os populares destacan que a praza énchese de auga cando chove, de maneira que camiñar por ela resulta incomodísimo.
Rodríguez di: “Non é normal que o firme desta praza se manteña no estado no que se encontra; hai que melloralo e para abrir o camiño para conseguilo, os concelleiros do PP presentaremos proximamente unha iniciativa ao pleno da corporación; esperemos que o goberno local atenda esta iniciativa, que responde ao sentir de numerosos veciños de Viveiro”.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



