Lugo, 30 de decembro de 2020. Os Orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2021, que ascenden a 92,5M€, entrarán en vigor o 1 de xaneiro tras publicar hoxe o Boletín Oficial da Provincia (BOP) a súa aprobación definitiva, acordada pola Corporación provincial no Pleno ordinario de onte tras desestimar a única a alegación presentada.
Deste xeito, o Goberno cumpre co obxectivo que marcou o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, ao inicio do mandato de contar dende principios de ano cun instrumento inversor fundamental para a provincia como son os presupostos da institución provincial.
A Deputación de Lugo disporá dende o 1 de xaneiro de 2021 cun orzamento de 92,5M€, un terzo dedicado a políticas sociais, para seguir traballando da man dos concellos e do tecido social e produtivo de cara a mellorar e aumentar os servizos públicos, e favorecer a reactivación da economía fronte aos efectos da pandemia.
Catro liñas de acción prioritarias
Para elo, o Goberno provincial reforza as súas liñas de acción prioritarias: as políticas sociais, o apoio aos sectores produtivos estratéxicos, a cooperación cos concellos e a mellora da mobilidade.
En canto a políticas sociais, ás que dedica 30M€, destaca a subida dos investimentos para o mantemento e a creación de emprego ata chegar aos 9M€, o que supón o dobre que os fondos destinados a este fin neste 2020.
Así mesmo, os Orzamentos contemplan 8M€ para a rede de centros públicos de atención a maiores, coa previsión de abrir catro residencias, a de Castroverde, xa en marcha, e as de Pedrafita, Meira e Navia, o que supoñerá a creación de 190 novas prazas asistenciais e de 100 postos de traballo directos no rural.
Polo que respecta ao apoio aos sectores produtivos da provincia, destacan as partidas para accións enfocadas ao sector agrogandeiro, forestal e do mar, que suben un 13%, ata os 2,3M€, e os fondos para turismo, que aumentan un 10%, ata os 3M€.
O principal instrumento de cooperación cos concellos co que conta a Deputación, o Plan Único, cuxas bases aprobou onte o Pleno, sube ata os 21,5M€ e abre unha nova día de apoio ó sector servizos -hostalería, comercio e turismo-, que resultou dos máis afectados pola crise sanitaria. Así mesmo, ao aprobarse no ano anterior ao seu período de vixencia e permitir que se poidan imputar gastos de contratación de persoal dende principios de ano, os concellos poderán aproveitar mellor os fondos do Plan Único e ter máis tempo para executalos.
En canto á mobilidade, o Goberno volve a demostrar que é un obxectivo prioritario subindo os investimentos en estradas un 14%, ata chegar aos 16M€, destinados a tarefas de mellora, desbroce, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior que a da Xunta en Lugo.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



