Cervo, a 28 de decembro de 2020. Na reunión da mesa multilateral celebrada esta tarde, a CIG trasladoulle ao Goberno español e á Xunta de Galiza a preocupación tanto pola falta de vontade de Alcoa para retomar a produción de aluminio e manter e recuperar os empregos, como pola indefinición na que seguen instaladas ambas administracións ante a posibilidade dunha intervención pública da fábrica de San Cibrao.
Na xuntanza, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, sinalou a satisfacción da central pola sentenza de nulidade do ERE, mais advertiu que a solución definitiva para garantir a continuidade industrial do complexo e manter os postos de traballo non depende das actuacións xudiciais senón de decisións políticas.
Neste senso, subliñou a preocupación da CIG pola incerteza permanente á que están sometidos os traballadores e as traballadoras dada a nula intención de Alcoa de recuperar a produción e os empregos “e nin tan sequera de cumprir coa sentenza do TSXG, tendo en conta que non lle está a dar normalidade a actividade da fábrica”.
Neste senso, Carril indicou que era de agardar que Alcoa recorra a sentenza, “pero non podemos comprender que a empresa non atenda ningunha das formulacións feitas pola representación social para sentar negociar, recuperar as inversións no mantemento que permitan a reconstrución das cubas, que se poña a fábrica a pleno rendemento e que todas as persoas en ERTE retornen ao seu posto e se recuperen as contratacións das vacantes, ETT e persoal interino”.
Por iso, o secretario xeral da CIG instou as administracións a convocar as reunións que sexan precisas, volver ao escenario do 27 de setembro “e que os Gobernos asuman que é inevitábel e inaprazábel tomar decisións políticas que a estas alturas xa deberían estar tomadas”. Carril reclamou, unha vez máis, a intervención pública da fábrica como “única garantía real para a continuidade industrial,xa sexa mediante unha solución amigábel con contribución de Alcoa para unha venda ou, no caso contrario, os Gobernos teñen que forzar coas súas decisións esa garantía”.
Ante a ausencia de propostas concretas, Carril preguntoulle aos Gobernos directamente “que están dispostos a facer para camiñar cara a normalidade da factoría” e se nas próximas semanas “haberá venda ou haberá intervención pública”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



