Lugo, xx de xaneiro de 2021. A Deputación de Lugo colabora coa Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña Lucense (APNED) a través dun convenio no que a institución achega ao colectivo 10.000 euros para axudar no financiamento dos gastos derivados do servizo ambulatorio, coidados que reciben os usuarios e usuarias nos seus propios fogares.
O Presidente, José Tomé Roca, subliñou o “compromiso e a aposta decidida da Deputación para garantir medidas que melloren a calidade de vida e benestar dos 32 nenas e nenos con capacidades diferentes que integran este colectivo da Mariña, así como das máis das 60 familias que o forman”.
Coa posta en marcha deste servizo de ambulatorio preténdese dotar ás familias de recursos, hábitos e habilidades, para que pouco a pouco os nenos e nenas adquiran estratexias que supoñan o desenvolvemento de capacidades para o desenvolvemento da súa vida cotiá, así como os medios para que poidan entenderse e comunicarse cos seus fillos. Con este servizo abarcan toda a comarca da Mariña.
APNED
A Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña Lucense é un colectivo sen ánimo de lucro, creado no ano 2001 por pais e nais de nenos e nenas con capacidades diferentes que ofrece, a día de hoxe, atención individualizada a usuarios de concellos mariñáns. Este colectivo creouse co fin de dar un servizo de atención e integración nun contexto ordinario, traballando na súa autonomía e en aspectos relacionados coa vida diaria. APNED ofrece atención, integración e apoio a todo tipo de usuarios con capacidades diferentes.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



