Lugo, 27 de xaneiro de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a reunión do Centro de Coordinación Operativo da provincia (CECOR) que tratou sobre os dispositivos postos en marcha polas forzas e corpos de seguridade debido á entrada en vigor, a pasada medianoite, de maiores restricións sanitarias fixadas pola Xunta para frear a expansión do coronavirus en Galicia. Na xuntanza, que se celebrou de xeito telemático, tomaron parte responsables da Garda Civil, a Policía Nacional, a Policía Autonómica, a Policía Local de Lugo, Protección Civil e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta.
A subdelegada informou que desde o pasado mércores, cando tivo lugar a anterior xuntanza do CECOR, a Policía Nacional e a Garda Civil despregaron na provincia de Lugo 575 dispositivos de seguridade nos que foron identificadas un total de 6.333 persoas e controlaron 5.478 vehículos.
Isabel Rodríguez detallou que nos sete días comprendidos entre o 19 e o 26 de xaneiro a Garda Civil e a Policía Nacional formularon un total de 153 propostas de sanción e practicaron 1 detención polo incumprimento das restricións á mobilidade e os contactos sociais que fixara a Xunta de Galicia para os concellos da provincia de Lugo durante ese período de tempo.
Ao remate da xuntanza, Rodríguez, anunciou que se van intensificar na provincia os controis que levan a cabo as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, en coordinación coas Policías Locais e a Policía Autonómica, que traballan conxuntamente para asegurar que son respectadas as medidas establecidas pola autoridade sanitaria, tanto no referido á limitación de mobilidade e contactos sociais como aos peches e restricións de horarios, que están vixentes desde hoxe, e polo menos ata o día 17 de febreiro, en toda a Comunidade Autónoma
Isabel Rodríguez recoñeceu que o cumprimento da novas medidas suporá un importante sacrificio para a cidadanía, pero insistiu en que “é imprescindible que todos respectemos escrupulosamente coas restricións para conseguir frear a expansión da pandemia”.
“Cada un de nós temos unha responsabilidade que asumir na defensa da saúde”, dixo a subdelegada, que lembrou “o gran servizo público que están a prestar a toda a cidadanía as forzas de seguridade desde o comezo da pandemia”.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



