Lugo, 21 de xaneiro de 2021. A Xunta de Galicia colabora con 20 establecementos e tres concellos da provincia de Lugo para implantar ou manter a marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Administración autonómica vén de resolver a última orde de axudas para ese fin, pola que se conceden achegas a dous negocios que certifican por primeira vez o distintivo -senllos establecementos de aloxamento situados en Palas de Rei e Portomarín- e ao resto para a súa renovación ou seguimento. Os apoios concedidos suman máis de 13.000 euros.
Do total dos beneficiarios, oito son da Mariña -catro de Ribadeo, dous de Viveiro, un de Burela e un de Foz-; tres da capital lucense, tres de Palas de Rei e os demais de Sober, Monforte de Lemos, Portomarín, Sarria, Vilalba, Outeiro de Rei, Quiroga e Taboada (un cada un).
Como novidade, esta convocatoria incluíu axudas para entidades locais, que se concederon ao concello de Sober -para a primeira certificación da Q de calidade-, así como aos de Foz e Viveiro, para renovación e seguimento da marca, respectivamente. No caso de Lugo capital, o delegado territorial visitou esta mañá o primeiro restaurante da cidade e o terceiro de Galicia que obtivo a Q de Calidade Turística.
Con este programa, a Xunta subvenciona as actuacións dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación do distintivo. En concreto, financia os custes de auditoría externa e os derivados dos dereitos de uso da marca Q.
Arias lembrou que a Axencia de Turismo de Galicia xestiona diferentes programas de axudas que están a apoiar “o esforzo do sector turístico lucense por modernizarse e alcanzar os máximos estándares de calidade”.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



