Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2021. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, trasladou esta tarde durante a reunión telemática da Mesa das Pontes que, ademais do compromiso da Xunta de Galicia de seguir colaborando na busca dunha solución industrial, requírese tamén da implicación do resto de axentes implicados no proceso. É dicir, que Endesa traballe na viabilidade económica do proxecto e que o Goberno garanta que non autorizará o peche da central ata que se atope dita solución.
O vicepresidente económico incidiu en que os resultados dos informes técnicos elaborados polo Xunta –a través do Inega– e o Ministerio para a Transición Ecolóxica –a través do Idae– corroboran que o uso de biocombustibles nestas instalacións é viable desde o punto de vista técnico e medioambiental. Isto demostra que hai alternativas e que a solución industrial é posible. Por iso, a Xunta ratificou o seu non rotundo ao peche da central e mantense ao carón dos traballadores da central térmica, a industria auxiliar e os transportistas, defendendo os seus empregos.
Conde lamentou a decisión unilateral de Endesa en vez de traballar pola viabilidade da planta a longo prazo, o que garantiría o futuro desta comarca. Neste sentido, lembrou que a compañía ten un compromiso que cumprir: debe seguir pensando no futuro das Pontes tras coñecerse as conclusións do comité técnico.
En paralelo, o vicepresidente económico da Xunta de Galicia solicitou ao Goberno unha folla de ruta clara e definida, e planificación para afrontar unha transición enerxética con garantías que non supoña un desmantelamento da industria e non deixe sen alternativas comarcas enteiras como a de Ferrolterra; unha transición xusta e ordenada que permita o mantemento da actividade industrial e dos empregos.

















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



