Lugo, 26 de xaneiro de 2021.- A Consellería do Medio Rural pagou o ano pasado na provincia de Lugo máis de 105 millóns de euros (105.629.367 euros) das axudas da Política Agraria Común (PAC), que benefician a uns 11.000 agricultores e gandeiros lucenses.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou hoxe nunha rolda de prensa que o 80% do total (85 millóns de euros) corresponde aos pagos directos financiados polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), que inclúen distintas liñas entre as que destacan os coñecidos como pago básico, pago verde -que atende a criterios de coidado ambiental-; axudas a explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de ceba, vacún de leite, ovino e cabrún, os apoios para agricultores mozos que comecen a súa actividade e os orientados á produción de cultivos proteicos e legumes de calidade.
O 20% restante pertence ás medidas de desenvolvemento rural que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). En concreto, no último exercicio aboáronse 10,2 millóns de euros en axudas asociadas a Zonas con Limitacións Naturais (ZLN), unha consideración que teñen todos os concellos lucenses salvo Rábade; e 10,3 millóns para o fomento de accións ambientais e da agricultura ecolóxica.
Arias precisou que estes importes representan case o 50% dos investimentos da PAC no conxunto da Comunidade. “Estas cifras reflicten o peso do sector primario na economía da provincia e a incidencia que teñen estas axudas para estabilizar as rendas dos agricultores e para revitalizar o noso medio rural”, apuntou.
O delegado incidiu no esforzo da Xunta por axilizar os trámites e os pagos e, nese sentido, lembrou que Galicia foi das primeiras comunidades autónomas que pagou anticipos das axudas da PAC correspondentes á campaña de 2020.
Distribución por comarcas
En canto ao reparto por zonas, o 25% das axudas distribuídas o ano pasado (26,6 millóns de euros) corresponden á Terra Chá. Nesta comarca está o concello que suma máis ingresos da PAC, o da Pastoriza, que recibiu algo máis de 5 millóns de euros.
En segundo lugar está a comarca de Lugo, que asume o 18% do total (18,5 millóns de euros). Nesta zona atópase o terceiro municipio con maior investimento, o de Lugo (4,1 millóns de euros). Pola súa banda, na área de Sarria repartíronse o 17% dos cartos (17,7 millóns de euros) e o concello de Sarria é o segundo da provincia con máis pagos da PAC en 2020 (4,8 millóns). A Zona Sur obtivo o 13% do investimento: a comarca de Chantada asume 7,8 millóns de euros, Terra de Lemos 5,5 millóns e Quiroga 572.900 euros.
Nas áreas da Fonsagrada e Os Ancares aboáronse o 12% das achegas (12,1 millóns de euros); A Mariña asumiu 7,8 millóns (7% do total); A Ulloa 4,7 millóns (5%) e a comarca de Meira 3,9 millóns (4%), dos que 2,4 millóns foron destinados a agricultores e gandeiros de Pol.
No tocante ao reparto por concellos, doce municipios da provincia superaron os 3 millóns de euros de ingresos da PAC o ano pasado. Así, á Pastoriza, Sarria e Lugo séguenlle Castro de Rei (3,9 millóns), Vilalba (3,8 millóns), Friol (3,8 millóns), Guitiriz (3,8 millóns), Chantada (3,5 millóns), Paradela (3,5 millóns), A Fonsagrada (3,3 millóns), Cospeito (3,3 millóns) e Láncara (3 millóns).



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



