A primeira noticia en medios oficiais sobre brote de covi no Hosptal Asilo de Ribadeo coñeceuse o día 23 de decembro de 2020. Nesa data a paxina web do concello decía o seguinte:
“Tres residentes do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de Ribadeo, deron positivo por covid-19, segundo informou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. A detección produciuse dentro dos cribados periódicos que o Sergas realiza nas distintas residencias e centros de maiores…”
Nos días seguintes saíron novas notas na mema páxina web onde se daba conta da progresión do brote que xa chegou a 24 ou 25 persoas incluíndo usuarios e varios empregados do centro devandito.
Como podemos observar nas notas da páxina web do concello “ … a detección produciuse dentro dos cribados periódicos que o Sergas realiza…”. O cal quer dicer que según estas notas oficiais non se detectou nengún caso anterior que puidese ter relación con este brote xa que os casos do Asilo foron detectados a travesó dos “cribados periódicos”.
No intre de escribir esta nota (4 de xaneiro) xa está corrida por todo Ribadeo outra versión dos feitos segundo a cal unha persoa que cumpria unha laboura de tipo espiritual no Hospital Asilo resultou positiva arredor do dia 21 ou 22 de decembro. De ahí despréndese que as probabilidades de que este primeiro caso tivese algunha relación co seguintes son bastante evidentes.
Debemos suliñar que non pretendemos personalizar nen moito menos culpabilizar a nengún dos actores de este proceso, senón crarexar os posibeis pontos oscuros para poñerlles solución e que non se repitan no sucesivo. Asemade estes días tivemos contactos teléfonicos ou personais co Servizo de M. Preventiva do Hospital da Costa, ca Delegación Provincial da Consellería de Saúde en Lugo, con persoal sanitario que exerce no Centro de Saúde de Ribadeo e con persoas moi próximas a todo esto proceso por motivos familiares, profesionais, de vecindade etc.
Despois de esta introducción podemos afirmar que hai abondas evidencias e coincidencias para supoñer que os feitos aconteceron dun xeito bastante diferente a como os conta a páxina web do concello de Ribadeo, porque houbo un caso anterior de outa movilidade e risco e non autorizado para entrar no hospital segundo a normativa vixente. E da aquí xurden unha serie de preguntas:
¿Descoñece o concello a versión extraoficial e que non ten nada que ver ca rumoroloxía ? ¿Non ten nengunha pista, mesmo entre o persoal do Hospital-Asilo e a congregación de Marta e María? ¿Non se fixo o rastrexo dos contactos do caso inicial supostamente descoñecido?
Calquera pode seguir ca cadea de inquéritos ate agora inexplicados pola versión oficial pero imos ver outra serie de dúbidas:
O ”Protocolo conxunto da Consellería de Sanidade e da Consellería de Política Social para o manexo da crise do COVID-19 nas Residencias de Maiores” (17,11,2020) establece as normas de tipo preventivo e para o control da infección mesmo entre usuarios, persoal, familiares, profisionais sanitarios, perruquería etc. Enténdese que aquelas actividades que non están autorizadas deben considerarse desautorizadas, como poderían ser as clases de piano ou os xogos florais, tendo en conta o outo risco de infección e a especial vulnerabilidade dos usuarios deste tipo de centros. Dito doutro xeito, está perfectamente regulado quen pode entrar e quen non nas residencias da terceira edade. E aquí ven outro serie de inquéritos:
¿Sabía o concello de Ribadeo que persoas que non están incluidas no listaxe de autorizadas entraban e saían no Hospital-Asilo? ¿Sabía con qué periodicidade se daban estas visitas e cales eran as actividades e que riscos de infección poderían traguer? ¿Non é moita causalidade que o primeiro caso de infección neste brote esteña borrado da páxina web do concello cando é do dominio publico?
Non nos nos imos extender, cada un debe pensar pola sua conta. A nosa idea é que esta experiencia debera servir para avanzar na participación da veciñanza nas medidas de control de riscos diante da pandemia do Covid-19 e nos servizos sociais de Ribadeo. Sería custión de crear unha asociación de usuarios, familiares e persoas voluntarias que defenda uns servizos públicos e participados democráticamente, como xa existen en outras zonas de Galicia. A participación implica requerir información, analizar as diferentes actividades dos responsables políticos e de xestión, propoñer solucións e alternativas aos distintos problemas e a fin de contas non tragar con rodas de muíño.
1. En Ribadeo existen duas residencias da terceira edade: o antigo Hospital-Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de titularidade municipal, xestionado pola Congregación relixiosa de Marta e María, que conta con 47 prazas das cales están ocupadas actualmente unhas 38. Asemade existe outro centro residencial da terceira edade inaugurado en xunio de 2019 e xestionado polo Concello e a Deputación de Lugo anque unha gran parte das actividades foron contratadas a CLECE, empresa de Florentino Pérez que o 31 de decembro de 2020 cedeu ou subcontratou a unha empresa asturiana, se ben de esta operación non hai información oficial ata o día de hoxe. Neste escrito referímonos á primeira, o Hospital Asilo de San Sebastían e San Lázaro. Da segunda non hai noticias de infectados a dia de hoxe.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



