Ribadeo, 8 de xaneiro de 2021. O vindeiro luns, 11 de xaneiro, terá lugar a X Festa do Comercio de Acisa, que repartirá 4.000 euros en premios. O sorteo por primeira vez non será presencial por mor da actual situación sanitaria, pero emitirase a través do facebook da asociación.
Desde o pasado 4 de decembro e ata o 10 de xaneiro as rifas estarán a disposición dos clientes de todos os negocios asociados a Acisa Ribadeo. O xerente, Jesús Pérez, explica que “aínda quedan rifas nalgúns locais comerciais. Cando a xente a acuda a facer as súas compras de rebaixas estes días que as pida. Sabemos que tamén hai establecementos que as esgotaron. Puxemos en circulación 125.000 rifas, que para que sexan válidas teñen que ir debidamente seladas polos establecementos que participan na campaña de Nadal”. Pérez Prada dixo que “o que ten que facer a xente estes días é xuntar todas as papeletas que obtiveron o longo de máis dun mes para despois o luns a mediodía ver si tiveron a sorte de facerse con algúns dos premios que poñeremos en xogo”.
O xerente de Acisa subliñou que “a partires das 12 do mediodía do vindeiro luns poderase seguir a través do facebook da asociación o sorteo da X Festa do Comercio”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “este ano tamén temos novidades nos premios. Imos repartir un premio de 2.000 euros, un premio de 1.000€, un premio de 500 euros e cinco premios de 100€. Pensamos que a campaña, un ano máis, foi un éxito xa que as papeletas repartíronse a moi bo ritmo. Queremos desexarlle moita sorte a toda a clientela dos negocios de Ribadeo e deben saber que teñen ata o 22 de xaneiro para presentarse na oficina de Acisa e reclamar o premio que despois deberán consumir nos establecementos adheridos á nosa asociación”.
Iriarte Quintana manifestou que “é unha mágoa non poder compartir unha tarde máxica no parque de San Francisco ou no Teatro, como estes últimos anos, pero o covid segue a marcar as nosas vidas e o primeiro é a saúde e a responsabilidade de todas e todos nós. Haberá máis Festas do Comercio nas que poder xuntarnos, seguro que si”.
Enquisa entre o empresariado asociado
Por outra banda, Acisa está a realizar unha consulta entre as súas asociadas e asociados para coñecer de preto cal é a situación pola que están a atravesar os negocios en Ribadeo tras case un ano de convivencia co covid e con todas as medidas que tiveron que levar a cabo para afrontar esta nova situación. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, pide “aos nosos asociados que dediquen 5 ou 10 minutos para responder ás preguntas que aí se lles fan. O obxectivo é coñecer polo miúdo en qué situación nos atopamos, como discorreu o ano, como foi a campaña de Nadal, como pasaron o 2020 e cómo afrontan este 2021 que acabamos de estrear”.
O xerente, Jesús Pérez, engadiu que “as conclusións que obteñamos desta enquisa levarémolas á asemblea xeral que celebraremos, si é posible, o vindeiro mes de mazo”. E puntualizou que “a enquisa é voluntaria e todas as respostas e os datos ofrecidos serán anónimos e confidenciais”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



