Mondoñedo, a 20 xaneiro de 2021. O Concello de Mondoñedo estuda novas medidas de apoio aos sectores máis afectados polas limitacións necesarias para frear os contaxios de covid-19. Onte celebrou reunión a xunta de voceiros co fin de analizar e consensuar posibles novas axudas, no marco do plan económico municipal acordado en maio para minimizar o impacto da pandemia.
Na reunión celebrada na tarde de onte estudáronse posibles novas axudas ao tecido económico e social do municipio. Acordouse desenvolver novas iniciativas no marco do citado plan, entre elas a creación dunha mesa de traballo para fomentar a participación. Tamén se traballará na elaboración dunha ordenanza que regule a instalación e homoxenización das terrazas.
O plan no que se enmarcou a reunión celebrada onte polos voceiros municipais recolle cincuenta iniciativas, que van dende a adopción de medidas para permitir liquidez aos autónomos e aos empresarios titulares de actividades económicas que se viron obrigados ao peche ata continuar no posicionamento de Administración Colaboradora.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



