Lugo, 20 de xaneiro de 2021. O PP considera que a intransixencia enerxética e a obsesión do Goberno presidido por Pedro Sánchez por seguir cunha loita ideolóxica e fundamentalista en contra da industria esta levando á provincia de Lugo a unha situación critica. O grupo provincial popular anuncia que levará á próxima sesión plenaria da Deputación unha moción para instar ao Goberno central a corrixir os artigos do proxecto da Lei de Cambio Climático que penalizan as concesións e para que acepte as alegacións do sector mar-industria.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Acabamos de recibir unha moi mala noticia co fracaso das probas con biocombustible en Endesa-As Pontes, que tomou a decisión definitiva de cerrar a central despois da suba do imposto ao CO2 que impuxo o Goberno, algo que afecta a centos de traballadores e transportistas chairegos que dependían dese centro produtivo”. Destaca que, “por outro lado, o Goberno de Sánchez sigue enganando á industria electrointensiva ao aprobar un estatuto absolutamente insuficiente e que hipoteca o futuro de industrias coma a de Alcoa-San Cibrao, pendente precisamente dun acordo de venda, e, o que é mais grave, coa condescendencia do PSOE lucense”. Os populares recordan tamén que “o acordo do brexit penaliza á flota lucense do Gran Sol que o mesmo Goberno deixou á deriva”.
Castiñeira considera que “o mais grave é que por enriba seguen coa idea de tramitar unha Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética que na costa de Lugo pode crear enormes problemas de seguridade xurídica e viabilidade nas inversións a medio e largo prazo”. Neste sentido recorda que “fai exactamente un ano o grupo provincial levou unha moción de urxencia para tratar de parar o borrador de tan nefasto proxecto de modificación da Lei de Costas, debate que foi denegado polo propio goberno provincial coa desculpa de que era un borrador”.
O portavoz provincial dos populares di: “Agora é unha realidade no Congreso dos deputados en período de alegación. Se isto non se cambia, moitas empresas lucenses, como varias piscifactorías en San Cibrao e Xove, cetarias e incluso infraestruturas públicas coma depuradoras existentes ou en proxecto, algún colexio e mesmo parques infantís en zonas de costa podería estar afectados e entrarían nun proceso de inseguridade xurídica polo cambio dos prazos de concesións, que sería moi grave para os intereses de A Mariña”.
Á vista da actual situación, o grupo provincial do PP defenderá no próximo pleno unha moción para instar ao Goberno central a efectuar os cambios necesarios no proxecto da citada normativa. Castiñeira di que o PP “espera que o PSOE non faga coma no caso do estatuto electrointensivo e nesta ocasión diga que está de acordo coas alegacións en Lugo e despois en Madrid faga o contrario”.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



