Lugo, 26 de xaneiro de 2021. A ausencia de representantes da Deputación de Lugo na reunión celebrada polo Clúster Turismo de Galicia, en Santiago, para estudar medidas de apoio á hostalería pon de manifesto o escaso interese do bigoberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, en apoiar a un sector especialmente afectado pola pandemia e as necesarias medidas para frear os contaxios. Así o entende o PP lucense, presidido por Elena Candia, que avisa a socialistas e nacionalistas que a sociedade galega, en xeral, e lucense en particular, non entenderá que a Deputación de Lugo non faga un esforzo relevante para apoiar á hostalería.
No partido presidido por Elena Candia, deputada autonómica, non se comprende a ausencia na reunión tanto de técnicos como de políticos representantes da Deputación de Lugo. É certo que a Deputación está pechada como medida preventiva á vista dos positivos rexistrados entre políticos e funcionarios, pero non é menos certo que non todos están confinados. Os populares cren que non deixa de ser una desculpa de mal pagador a da Deputación cando asegura que non puideron participar porque se lles negou a posibilidade de facelo telematicamente.
A falta de vontade do bigoberno provincial de prestar un apoio real á hostalería queda tamén de manifesto na insuficiencia, a xuízo do PP, da cantidade que se mostra disposta a aportar e na falta de interese por alcanzar un acordo. O partido presidido por Elena Candia sostén que a sociedade non entenderá que a Deputación de Lugo non se involucre de maneira decidida no apoio a un sector de tanta relevancia para Galicia e para Lugo tanto desde o punto de vista económico como laboral.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



